O Campionato de Galicia 1916/17 foi a terceira edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en febreiro de 1917 e rematou en abril do mesmo ano. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.Copa del Rey Alfonso XIII 1917linguasport.com Inscribíronse o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Real Club Coruña e o Deportivo Auténtico. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas, aínda que o calendario fixado intercalou os encontros de ámbalas dúas. Proclamouse campión o Vigo Sporting.

Calendario Xor.DataEstadioLocalVisitanteResultado1 11 de febreiro Coia Vigo Sporting Fortuna de Vigo 2–0 Informe1 11 de febreiro Riazor Deportivo Auténtico R.C. Coruña    1–1(1) Informe2 4 de marzo Monelos R.C. Coruña Vigo Sporting 2–3 Informe2 4 de marzo Bouzas Fortuna de Vigo Deportivo Auténtico 5–0 Informe3 11 de marzo Coia Vigo Sporting R.C. Coruña 7–1 Informe3 ? Riazor Deportivo Auténtico Fortuna de Vigo ?–? 4 18 de marzo Bouzas Fortuna de Vigo Vigo Sporting 1–1 Informe4 18 de marzo Monelos R.C. Coruña Deportivo Auténtico 1–1 Informe5 25 de marzo Riazor Deportivo Auténtico Vigo Sporting 1–1 Informe5 ? Bouzas Fortuna de Vigo R.C. Coruña ?–? 6 1 de abril Coia Vigo Sporting Deportivo Auténtico (2) Informe6 ? Monelos R.C. Coruña Fortuna de Vigo ?–? <div id="1">(1) A vitoria foi outorgada ó R.C. Coruña porque o Deportivo Auténtico cometeu aliñación indebida. <div id="2">(2) O Deportivo Auténtico non se presentou e o Vigo Sporting foi proclamado campión.

Notas

Categoría:Campionato de Galicia de fútbol Categoría:Fútbol en 1917