, nado en 1534 e finado en 1582, foi un destacado daimio (señor feudal) do período Sengoku no período Azuchi-Momoyama da historia do Xapón. Naceu o 23 de xullo de 1534 na Provincia de Owari, mais existen dúbidas sobre o lugar exacto. A teoría máis aceptada defende que naceu no Castelo de Hara (na actual cidade de Inazawa), malia que tamén se fala do Castelo de Furano (en Nagoia). Fillo dun daimio menor da provincia de Owari, coa morte do seu pai loitou contra outros membros da súa familia polo control do clan, e matou un dos seus irmáns no proceso. En 1560, durante a batalla de Okehazama enfrontouse con só 3 000 soldados contra un numeroso exército estimado en 40 000 samurais, comandado por Imagawa Yoshimoto. Grazas a un ataque sorpresa saíu vitorioso e situouse no cumio do poder militar do país.
En 1568, axudou Ashikaga Yoshiaki a ser nomeado shōgun polo emperador, entrando na capital Kyoto co seu exército e tomando o control da cidade.. Yoshiaki quería nomealo Kanrei pero negouse e, no canto diso ditou unha serie de regulacións, as cales limitaban a actividade do shogun a practicamente tan só a asuntos cerimoniais. Yoshiaki contactou entón con varios daimyōs e monxes guerreiros para formar unha coalición contra Nobunaga, quen lles afrontou entre 1570 e 1573, ano en que a rivalidade entre o shōgun e Nobunaga se fixo pública e aberta. Nobunaga afrontou Yoshiaki e derrotouno facilmente, poñendo fin ó shogunato Ashikaga..
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía de Oda Nobunaga Samurai Archives - Oda Nobunaga Nobunagaou Crónicas do explorador portugués Fernão Mendez Pinto
Categoría:Nados en 1534 Categoría:Finados en 1582 Categoría:Samurai Categoría:Nados no Xapón