A base J ou β-D-glicopiranosiloximetiluracilo é unha base nitroxenada hipermodificada que se encontra no ADN de protozoos cinetoplástidos, incluíndo o patóxeno humano tripanosoma e nalgúns flaxelados. Foi descuberta en 1993 en Trypanosoma brucei e foi a primeira nucleobase hipermodificada que se encontrou no ADN eucariótico; desde entón atopouse noutros cinetoplástidos, como Leishmania e nalgúns flaxelados. Neses organismos a base J actúa como terminador da transcrición para a ARN polimerase II, a súa eliminación en células knockout vai acompañada dunha masiva lectura previa (read-through) dos sitios de terminación da ARN polimerase II, o que finalmente é letal para a célula.

A base J sintetízase por medio dunha hidroxilación inicial da timidina, seguida da glicosilación por unha glicosiltransferase que aínda non foi identificada

miniatura|400px|esquerda|Biosíntese da base J. A: timidina hidroxilase; B: beta-glicosiltranferase; 1: dT (desoxitimidina); 2: HOCH3dU; 3: dJ

Notas

Categoría:Bases nitroxenadas