miniatura|dereita|Capela de Santo Amaro.
O cemiterio de Santo Amaro é un camposanto situado na Coruña, inaugurado en 1812. A superficie do cemiterio é de máis de 26 000 m² e está composto por tres áreas, a relixiosa, a civil e a británica. Esta última está pechada e é propiedade do Reino Unido.
Historia miniatura|esquerda|Frontón na entrada. Os primeiros enterramentos da zona datan de 1781.
En 1812 fíxose efectiva na Coruña a lei que prohibía os enterramentos nas igrexas e na súa contorna. Por ese motivo construíuse o cemiterio de Santo Amaro segundo o proxecto de Fernando Domínguez Romay, que o deseñou con forma cuadrangular e dividido en catro zonas, correspondentes ás catro parroquias da Coruña nese tempo, Santa María, Santiago, San Xurxo e San Nicolao. As obras tiveron lugar entre maio de 1812 e a súa inauguración o 9 de novembro do mesmo ano.
A capela neoclásica da entrada do cemiterio levantouse en 1833, obra de Alejo Andrade Yáñez, baseada no proxecto de Juan de Villanueva para o Cementerio General Norte de Madrid, que nunca se construíu. A capela xa estaba no proxecto inicial, mais non puido ser construída por falta de fondos e só puido levantarse polo legado de Fernando Queipo de Llano. miniatura|300px|Plano do ano 1900.Plano de 1900. En 1862 Faustino Domínguez Domínguez deseñou o gabinete de autopsias.
O cemiterio británico construíuse a partir de 1867 nos terreos comprados polo cónsul inglés na cidade Guillermo Congreve Cutliffe Brackerburry, que foi o primeiro en ser enterrado alí. Porén, xa en 1836 se enterrara no lugar o cadáver dun oficial do buque Endymion. O proxecto foi de Juan de Ciórraga e ten un pórtico de Faustino Domínguez Coumes-Gay.
O primeiro cemiterio civil apareceu na ampliación de Juan de Ciórraga de 1882, mais as malas condicións e o pouco espazo do lugar fixeron necesario crear un novo cemiterio. O proxecto encargado ao arquitecto municipal Pedro Mariño foi aprobado en 1901. O primeiro enterro que tivo lugar no novo espazo foi o do avogado Arturo Casares Quiroga (1903). Coa chegada da Segunda República derrubouse o muro que separaba o cemiterio civil do relixioso.
En 1931 ampliouse novamente o cemiterio segundo o proxecto de Antonio Tenreiro.
En 1944 inaugurouse un mausoleo nazi que chegou a ter dezaseis sepulturas. Os corpos trasladáronse ao cemiterio alemán de Cuacos de Yuste en 1982 e só quedan algúns restos da construción.
En 2012 o cemiterio ingresou na Asociación Europea de Cemiterios Significativos (ASCE) e no ano seguinte entrou na Rede de Cemiterios Europea.
Personaxes ilustres Entre os persoeiros enterrados no cemiterio atópanse: miniatura|Entrada. miniatura|Fachada do cemiterio británico. Juana de Vega (1805-1872), escritora. Marcial del Adalid (1826-1881), compositor musical. Francisco María de la Iglesia (1827-1897), escritor. Víctor López Seoane (1832-1900), naturalista. Manuel Murguía (1833-1923), historiador. Eduardo Pondal (1835-1917), poeta. Juan de Ciórraga (1836-1891), arquitecto. Gumersindo Pardo Reguera (1847-1916), pintor e farmacéutico. Manuel Curros Enríquez (1851-1908), poeta e xornalista. Francisco Tettamancy Gastón (1854-1921), escritor. José Castro González, “Chané” (1856-1917), compositor. Uxío Carré Aldao (1859-1932), escritor, editor, libreiro e académico. Manuel Lugrís Freire (1863-1940), escritor. Xosé Baldomir (1865-1947), compositor. Francisca Herrera Garrido (1869-1950), escritora e académica. Alejandro Pérez Lugín (1870-1926), xornalista, escritor e cineasta. Ovidio Murguía (1871-1900), pintor. Francisco Lloréns (1874-1948), pintor. Antón Villar Ponte (1881-1936), escritor, xornalista e intelectual. Amparo López Jeán (1885-1942), activista galeguista. Wenceslao Fernández Flórez (1885-1964), narrador, xornalista e humorista. Eduardo Rodríguez-Losada (1886-1973), arquitecto e compositor musical. Rafael González Villar (1887-1941), arquitecto. Leandro Carré Alvarellos (1888-1976), escritor. Pedro Barrié de la Maza (1888-1971), empresario. Ramón Villar Ponte (1890-1953), escritor, xornalista e intelectual. Santiago Rey Pedreira (1902-1977), arquitecto. Emilio González López (1903-1991), historiador e político. Álvaro Cebreiro (1903-1956), debuxante. Jenaro Marinhas del Valle (1908-1999), escritor. Luís Seoane (1910-1979), editor, escritor, xornalista, gravador e pintor. Sergio Peñamaría de Llano (1914-2004), alcalde. Mariano Tudela (1925-2001), escritor. Pucho Boedo (1929-1986), cantante e compositor. Jorge Víctor Sueiro (1934-1991), crítico gastronómico. Xohán Casal Pardo (1935-1960), escritor. Luísa Villalta (1957-2004), escritora. Francisco Miguel (1897-1936), pintor. Soterrado en 2025 trala recuperación dos seus restos.
Destacan tamén os monumentos aos Mártires da Liberdade, ás vítimas da folga xeral de 1901 e ás vítimas do accidente aéreo de Montrove de 1973.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Arquitectura civil na Coruña Santo Amaro Coruna