Obra viva é un libro de ensaio escrito por Antón Avilés de Taramancos, publicado en 1992 pola editorial Laiovento. Características
A obra constitúea unha escolma ordenada cronoloxicamente, desde 1959 até 1991, incluíndo gran cantidade de artigos escritos no xornal Barbanza (1988–1989). No libro amosa o seu pensamento político e inquedanzas.
O libro inclúe un prólogo de Xosé Agrelo. Traduciuno ao castelán en 2005 Ana Villar Chao e publicouno Laiovento, na colección Endovelia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Obras literarias de 1992 Categoría:Obras literarias en galego Categoría:Obras literarias de Antón Avilés de Taramancos