Dalia García Couso, nada en Melide o 29 de setembro de 1985, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria Licenciada en Ciencias Políticas pola USC, chegou a exercer como docente a partir de 2013 nesta universidade. En abril de 2010 foi elixida presidenta das Novas Xeracións do Partido Popular en Melide. Nas eleccións municipais de 2011 presentouse na candidatura do PPdeG en Melide no posto número 8 e foi elixida concelleira, ocupándose das áreas de Xuventude, Novas Tecnoloxías e Medios de Comunicación. Nas eleccións autonómicas de 2012 foi candidata a deputada polo PPdeG pola provincia da Coruña, ocupando o posto número 3 dos suplentes. Nas municipais de 2015 volveu repetir no número 8 da lista popular en Melide, sendo reelixida e mantendo as competencias da anterior lexislatura. En outubro de 2015, trala dimisión da alcaldesa Ángeles Vázquez, foi elixida o día 17 nova alcaldesa na súa substitución.
Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG, a cal perdeu a maioría absoluta, polo que perdeu a alcaldía en favor de José Manuel Pérez Penas, de Adiante Melide, que formou goberno co PSdeG. Nese mandato foi elixida deputada provincial. Nas municipais de 2023 foi novamente candidata do PPdeG, sen conseguir recupera-la maioría absoluta, polo cal continuou na oposición.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Melide
Ligazóns externas García promete "diálogo e un traballo incesante" como alcaldesa de Melide en El Progreso
Categoría:Alcaldes de Melide Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Politicólogos Categoría:Nados en Melide Categoría:Nados en 1985 Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela