San Martiño de Maceira é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o INE en 2010 tiña 123 habitantes (63 mulleres e 60 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 139 habitantes.

Nesta parroquia naceu o pintor Antón Lamazares.

Xeografía Esta regada polos regatos Ribadeiro e Saldorio e destaca pola súa altura o monte O Penedo de 750 m.

Patrimonio Hai mámoas en Rodelas, Costa das Seixas e Cota da Mamoela.

O castro de Maceira está recollido no inventario da Xunta de Galicia, e menciónase localización de restos materiais durante a explanación dos terreos para a construción dunha granxa. Dado que non se fixeron estudos específicos, tampouco se pode precisar o grao de destrución, pois poden existir elementos no subsolo.Ficha arqueolóxica do castro de Maceira .

Lugares e parroquias Lugares de Maceira

Parroquias de Lalín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín

Ligazóns externas Maceira na web do concello de Lalín

Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño