A devesa da Rogueira é un arboredo galego de interese ambiental que se localiza no concello de Folgoso do Courel, na serra do Courel. Está recoñecido como sitio natural de interese turístico e atópase dentro do ZEC Ancares-Courel.
Características miniatura|Devesa da Rogueira.|esquerda Ten unha extensión aproximada de 30 km², con notable riqueza de fauna e flora, con algunhas especies endémicas no norte peninsular coma o tritón ibérico ou a ra patilonga. Así mesmo, as fragas son refuxio de corzos, garduñas, gatos monteses ou leiróns.
Na parte baixa conta cunha vexetación mediterránea. De igual maneira, é posible atopar freixos, faias, teixos, acivros, capudres e bidueiros. Tamén forman parte da devesa a Cova do Vello -con augas subterráneas- e as grutas do Oso, consideradas un habitáculo rupestre. En canto á minaría, foi unha fonte importante de chumbo, cobre, ferro e antimonio, se ben no século XXI só mantén a explotación da lousa.
Ten algúns cursos fluviais e pequenas lagoas glaciares como a de Lucenza.
No ano 2020, obtivo a certificación outorgada pola entidade FSC (Forest Stewardsip Council en inglés), pola súa xestión e conservación da biodiversidade.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Turgalicia La Devesa da Rogueira. "El último bosque gallego" Rutas de sendeirismo pola devesa da Rogueira
Categoría:Bosques de Galicia Categoría:Folgoso do Courel