miniatura|Akita Inu. O akita ou akita inu (秋田 犬?), traducido como "can de Akita", é unha raza canina orixinaria do Xapón, chamada así pola prefectura de Akita. Ó inicio foi un can de caza maior e durante xeracións usouse por parte dos guerreiros do Xapón como can de defensa e ataque, e tamén para cazar osos. Considérase unha raza á parte do Akita americano.

En España está considerado coma unha raza potencialmente perigosa por Real Decreto.

Historia Hai constancia da existencia do Akita inu dende hai máis de 3000 anos, aínda que a súa historia é un grande interrogante. O akita inu recibiu varios nomes ó longo do tempo, dependendo da función que desempeñaba. Por este motivo foi chamado "Matagi-inu" (can de caza), "Kurae-inu" (can de guerra) e "Odate-inu" (can de providencia).

Esta raza era utilizada para a caza de osos, polo seu tamaño mediano. Non obstante, a partir de 1603, empezou a utilizarse como can de pelexa, e buscando unha raza máis grande e agresiva, cruzouse o Akita inu co Tosa Inu ou mastín inglés. Este feito fixo que perigase a raza pura do Akita inu, e que desaparecesen del moitas características dos cans de tipo Spitz.

Notas

Categoría:Razas de cans