Oswaldo Lino González Pereira, nado nas Neves o 6 de febreiro de 1930 e finado o 24 de outubro de 2015, foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria No franquismo foi presidente da Cámara Agraria das Neves. Foi nomeado alcalde das Neves en 1969, sendo cesado en xullo de 1975.El Pueblo Gallego, 5-7-1975, p. 16. Presentouse ás eleccións municipais de 1983 encabezando a candidatura de Coalición Popular e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde nas municipais de 1987 por AP e nas de 1991 e 1995 polo PPdeG, sempre con maioría absoluta. Entre 1995 e 1999 foi deputado provincial. Finou o 24 de outubro de 2015 con 83 anos.
Recoñecementos Fillo predilecto das Neves. Homenaxe e inauguración dun busto nas Neves en 2016.Homenajean al antiguo alcalde de As Neves Oswaldo Lino González
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Eleccións municipais nas Neves
Categoría:Alcaldes das Neves Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG
Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados nas Neves Categoría:Nados en 1930
Categoría:Finados en 2015