O termo Corgo pode referirse a:

Corgo, represa natural ou artificial no curso dun río, córrago, laga, poza. Corgo, congostra por onde baixan as augas das choivas, torrente. Tamén depresión do terreo que se enche de auga cando chove. Corgo, camiño estreito e profundo que discorre xeralmente entre valos, cómaros ou outras elevacións do terreo, congostra, corga. Corgo, oco nunha rocha que se enche de auga cando chove, cazoleta, coviña. Corgo, un dos nomes vulgares da planta Erica australis, uz moura, uz vermella.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza O Corgo, concello da comarca de Lugo; O Corgo, parroquia de devandito concello; O Corgo, lugar de devandita parroquia; Corgo, lugar da parroquia de Dexo, no concello de Oleiros; O Corgo, lugar da parroquia de Vilapoupre, no concello de Antas de Ulla; O Corgo, lugar da parroquia de Breixo, no concello de Cambre; O Corgo, lugar da parroquia de Vigo, no concello de Cambre; O Corgo, lugar da parroquia de Oza, no concello da Coruña; O Corgo, lugar da parroquia de Grou, no concello de Lobios; O Corgo, lugar da parroquia de Vilanuíde, no concello de Quiroga; O Corgo de Abaixo, lugar da parroquia de Soandres, no concello da Laracha; O Corgo de Arriba, lugar da parroquia de Soandres, no concello da Laracha; O Porto do Corgo, lugar da parroquia de Caaveiro, no concello da Capela.

Ríos de Galiza río Corgo, afluente galego do río Sarela; río Corgo, afluente portugués do río Douro.

Véxase tamén Outros artigos