Francesc Homs i Molist, nado en Vic, o 5 de setembro de 1969, é un político catalán.

Traxectoria Licenciado en dereito pola Universidade Autónoma de Barcelona, estivo na Federació Nacional d'Estudiants de Catalunya (FNEC) e foi membro da xunta de goberno e do claustro da UAB. Militante de Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) desde 1993, pertence á súa Executiva Nacional é á Permanente. Tamén foi membro do Consello Executivo Nacional de CiU e o coordinador do programa electoral de Convergència i Unió (CiU) nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2003 e 2010 mais relator do Estatut de 2006. Entre 1996 e 2003 foi director xeral de Asuntos Interdepartamentais do Departamento da Presidencia e membro da Comisión Executiva do Consello Económico e Social de Cataluña (CTESC). Deputado electo no Parlamento de Cataluña nas eleccións de 2003, 2006 e 2010.Diputats del Parlament de Catalunya en la VII Legislatura p. 160

Foi secretario xeral da Presidencia e voceiro da Generalitat de Cataluña desde o 29 de decembro de 2010 ata o 27 de decembro de 2012, ao nomealo o presidente Artur Mas conselleiro da Presidencia e voceiro do seu goberno.

Publibou dous libros: Catalunya a judici (Ara Llibres, 2008) e Dret a decidir. Estació concert (Editorial Base, 2010). Foi tamén membro do consell asesor da Fundació Centre d'Estudis Jordi Pujol.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web da Generalitat de Catalunya.

Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Vic Categoría:Deputados do Parlamento de Cataluña Categoría:Políticos de CDC Categoría:Conselleiros da Generalitat de Cataluña Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)