Olalla Rodil Fernández, nada na Ribeira de Piquín o 21 de setembro de 1989, é unha xornalista e política galega do Bloque Nacionalista Galego.
Traxectoria
Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas no Campus Universitario de Pontevedra, pola Universidade de Vigo, ten un mestrado de Estudos Internacionais. Foi redactora de Sermos Galiza. Milita en Galiza Nova. Foi cabeza de lista da provincia de Lugo polo BNG nas Eleccións xerais de España de 2016, nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016, sendo elixida deputada do Parlamento de Galicia, nas Eleccións xerais de España de novembro de 2019 e nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020. Neses períodos, foi voceira suplente do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento de Galicia e foi a vice-coordinadora de comunicación da executiva nacional do mesmo partido..
Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Lugo.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Xornalistas da Ribeira de Piquín Categoría:Políticos do BNG Categoría:Nados na Ribeira de Piquín Categoría:Nados en 1989 Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia