A lingua kiowa ou cáuijògà / cáuijò:gyà (″lingua dos Cáuigù (Kiowa)″) é unha lingua tanoana falada polos kiowas que habitan nos condados de Caddo, Kiowa e Comanche. O centro tribal kiowa atópase en Carnegie. Como a maioría das linguas nativas norteamericanas, o kiowa está en grave perigo de desaparición. Segundo datos de 2013 tiña 100 falantes fluídos. O kiowa está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas The Power of Kiowa Song: A Collaborative Ethnography

Categoría:Lingua kiowa Categoría:Linguas kiowa-tanoanas Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas