Santiago de Sello é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo IGE, en 2008 tiña 336 habitantes (171 mulleres e 165 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 363 habitantes.

Limita coas parroquias de Filgueira, Erbo, Bermés, Goiás, Palmou e Santiso. A altitude máxima é de 560 metros. Dista 4 quilómetros da vila de Lalín, capital do concello. O seu código postal é 36517.

Economía Unha gran parte dos habitantes da parroquia dedícase á agricultura e á gandería, sendo as explotacións de tamaño medio. Actualmente, a parroquia atópase nos trámites de inicio dunha futura concentración parcelaria.

Entre a década de 1960 e a de 1990 estivo instalada na parroquia de Sello unha importante fábrica de cerámica dedicada á produción de ladrillo.

Antigamente esta parroquia era coñecida pola fabricación de tella de maneira artesanal, en fornos improvisados, como complemento á actividade agraria. Motivo polo cal aos seus habitantes se lles deu en alcumar como barrosos, denominación xa en desuso. Aquelas familias dedicadas á produción deste tipo de cerámica cubrían as súas casas con aquelas tellas con pouca saída comercial (enténdase isto, como pouco ou moi cocidas, de tonalidade distinta á habitual etc), polo que ata hai pouco tempo os tellados de moitas casas posuían un aspecto pintoresco.

Lugares e parroquias Lugares de Sello

Parroquias de Lalín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín

Ligazóns externas Sello na web do concello de Lalín

Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior