Perkinsus é un xénero de protistas do filo Perkinsozoa. O xénero foi creado en 1978 para clasificar mellor a súa especie tipo, Perkinsus marinus, que se coñecía anteriormente co nome Dermocystidium marinum.Villalba, A., et al. (2004). Perkinsosis in molluscs: a review. Aquatic Living Resources 17(04), 411-32. Son protozoos parasitos que infectan a moluscos, e polo menos algúns deles poden causar doenzas e mortes en masa de poboacións de moluscos. P. marinus é o máis notable, e causa unha doenza chamada perkinsose, ou dermo, en ostras cultivadas e silvestres.Petty, D. Perkinsus Infections of Bivalve Molluscs. FA178. Fisheries and Aquatic Sciences. Florida Cooperative Extension Service. University of Florida IFAS. 2010.

En 2004 había seis especies válidas dentro do xénero. Desde entón describíronse polo menos dúas máis.Moss, J. A., et al. (2008). Description of Perkinsus beihaiensis n. sp., a new Perkinsus sp. parasite in oysters of southern China. Journal of Eukaryotic Microbiology 55(2), 117-30.Dungan, C. F. and K. S. Reece. (2006). In vitro propagation of two Perkinsus spp. parasites from Japanese Manila clams, Venerupis philippinarum, and description of Perkinsus honshuensis n. sp. J Eukaryot Microbiol 53, 316-26.

As especies do xénero e os seus hóspedes comúns inclúen os seguintes:

Perkinsus andrewsi parasito da ameixa báltica Macoma balthica.Coss, C. A., et al. (2001). Description of Perkinsus andrewsi n. sp. isolated from the Baltic clam (Macoma balthica) by characterization of the ribosomal RNA locus, and development of a species-specific PCR-based diagnostic assay. J Eukaryot Microbiol 48(1), 52-61. Perkinsus beihaiensis parasito das ostras Crassostrea hongkongensis e Crassostrea ariakensis. Perkinsus chesapeaki atopado na ameixa Mya arenaria.McLaughlin, S. M., et al. (2000). Zoosporulation of a new Perkinsus species isolated from the gills of the softshell clam Mya arenaria. Parasite 7(2), 115-22. Perkinsus honshuensis atopado na ameixa de Manila Venerupis philippinarum. Perkinsus marinus parasito da ostra atlántica norteamericana Crassostrea virginica. Perkinsus mediterraneus parasito da ostra europea Ostrea edulis.Casas, S. M., et al. (2004). Perkinsus mediterraneus n. sp., a protistan parasite of the European flat oyster Ostrea edulis from the Balearic Islands, Mediterranean Sea. Dis Aquat Organ 58(2-3), 231-44. Perkinsus olseni (syn. P. atlanticus) parasito da peneira Haliotis rubra e da ameixa fina (Ruditapes decussatus). Perkinsus qugwadii atopado na vieira Patinopecten yessoensis.

P. andrewsi e P. chesapeaki poderían ser en realidade a mesma especie; como esta última foi descrita antes, o nome P. andrewsi debería considerarse sinónimo.Burreson, E. M., et al. (2005). Molecular, morphological, and experimental evidence support the synonymy of Perkinsus chesapeaki and Perkinsus andrewsi. J Eukaryot Microbiol 52(3), 258-70.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Guiry, M. D. & G. M. Guiry. 2013. Perkinsus Levine, 1978. AlgaeBase. National University of Ireland, Galway. Consultado o 18 de novembro de 2015.

Categoría:Alveolados