miniatura|Santiago o Maior (representado como Santiago Matamouros), patrón de Galiza e de varias parroquias galegas. Na Igrexa católica e nas ortodoxas, nas cales se cre na intercesión dos santos, o patrón, padrón, padroeiro ou avogado é un santo que ten unha afinidade especial cunha comunidade ou un grupo específico de persoas e a cuxa intercesión se acollen os membros deses colectivos. O termo (do latín, patrōnus) é sinónimo de defensor e protector. Os santos patróns son considerados por moitos crentes como intercesores e avogados ante Deus, sexa dunha nación, un pobo, un lugar, unha nación, unha profesión, unha clase...
A veneración cara aos santos: os santos patróns miniatura|San Xosé é o santo patrón dos carpinteiros, enxeñeiros, e traballadores. O Concilio Vaticano II expresou o vínculo de veneración cara aos santos cuxos carismas os facían recomendables á devoción e imitación dos fieis.
En España (mais sobre todo en Galiza) a maior parte das localidades teñen un patrón e unha patroa, en cuxa honra se celebran as festas maiores da localidade. Os patróns son santos ou advocacións de Cristo e as patroas santas ou advocacións da Virxe María.
En Galiza adoita ser moi importante, xa que as festas maiores honran o patrón. Por exemplo, en San Lourenzo de Belesar as festas patronais honran a San Lourenzo; o Belesar de Chantada a San Bertomeu e o Belesar de Vilalba a San Martiño.
Advocacións das parroquias As parroquias católicas adoitan estar baixo a advocación dun santo. Non debe confundirse co haxiotopónimo, pois son distintos en que:
unha advocación é máis inestable no tempo e no espazo, pois a igrexa católica pode mudala, modificar a parroquia (disolvela, segregala ou xuntala con outra) ou instaurar varias advocacións simultáneas (San Cosme e San Damián, por exemplo teñen certa tendencia a ir xuntos, ademais de que en moitas parroquias galegas hai un santo ou unha santa e ademais unha Virxe gardiá); pola contra, un haxiotopónimo é o nome propio dun lugar; unha advocación segue sentíndose como nome de persoa, mentres que un haxiotopónimo perde esta transparencia semántica; a evolución fonolóxica dunha advocación é máis conservadora pois aínda é transparente (Sanctus Facundus > San Fagundo), mentres que un haxiotopónimo tamén segue as leis fonéticas de evolución da lingua pero podendo diverxer da lingua común (Sanctus Bartolomeus > Samertolameu; Sanctus Hadrianus > Santradán; Sanctus Genesius > Sanxenxo; Sanctus Tirsus > Santiso); unha advocación sempre se refire a unha parroquia, mentres que un haxiotopónimo pode remitirse a unha leira, unha vila ou unha superficie moito maior (por exemplo, os concellos de Santa Comba ou San Sadurniño, na provincia da Coruña ou San Amaro na provincia de Ourense); unha advocación pode ser composta, pero só dentro dos límites do repertorio do santoral, mentres que un haxiotopónimo ten moita maior variación (San Xoán de Río, San Cristovo de Cea ou San Cibrao das Viñas na provincia de Ourense ou Santiago de Compostela na provincia da Coruña, tamén concellos);
Patróns profesionais
Avogados - San Tomás More, santo Ivo de Kermartin, san Raimundo de Peñafort, santo Afonso María de Ligorio; Amerindios do Canadá - Santa Kateri Tekakwitha; Acólitos e monaguillos - San Tarsicio, san Domingos de Val, san Domingos Savio e san Xoán Berchmans; actores - San Xenxo de Roma; arqueólogos - San Dámaso e santa Helena; artilleiros e bombeiros - Santa Bárbara e San Florián; Artistas - Fra Angelico (declarado por Xoán Paulo II);miniatura|San Xosé de Calasanz é o santo patrón dos mestres e profesores. aviadores - Virxe de Loreto e san Xosé de Cupertino; bancarios - San Carlos Borromeo; campaneiros - San Paulino de Nola; carpinteiros - San Xosé; cerralleiros - San Quintín e san Pedro apóstolo; cineastas - San Xoán Bosco; comerciantes - San Martiño de Tours; delineantes - San Francisco de Paula; dentistas - Santa Apolonia; persoas sen fogar- San Pedro de Betancur; Discriminados - Santa Laura Montoya; divorciados - Santa Fabiola de Roma; ecólogos - San Francisco de Agarrades; economistas - San Paulo e San Mateu; electricistas - Virxe da Candeloria; encadernadores - San Xoán Apóstolo e Evanxelista; enfermeiros - San Camilo de Lelis e San Xoán de Deus; enfermos - Nosa Señora de Lurdes e San Xoán de Deus; miniatura|A Virxe do Carme é a patroa dos mariñeiros. miniatura|San Brais, santo patrón dalgunhas parroquias galegas, tamén o é dos enfermos de gorxa. Declaráronse ademais patróns de enfermos cunha doenza específica, a santos que, polo xeral, experimentaron a mesma doenza, ou unha similar en canto ás súas implicacións sociais. enfermos de artroses - Santo Afonso María de Ligorio ; enfermos de cancro - Santos Ezequiel Moreno e Peregrino Laziosi; enfermos de cancro de ósos - Santa Trega; enfermos de lepra - San Damián de Veuster; enfermos de sida - San Damián de Veuster (por combater a discriminación) e San Peregrino Laziosi; enfermos da gorxa - San Brais, San Suitberto de Kaiserswerth; enfermos da vista e que padecen cegueira - Santa Lucía de Siracusa; enfermos da escoliose - San José de Anchieta; enxeñeiros - San Xosé; enxeñeiros de camiños, canles e portos - San Domingos da Calzada; enxeñeiros de minas - Santa Bárbara; enxeñeiros de montes - San Francisco de Asís; escravos - San Pedro Claver; escritores - San Xoán Apóstolo e Evanxelista, San Francisco de Sales; estudantes - Santa Catarina de Alexandría, San Tomé de Aquino, San Xosé de Cupertino, san Gabriel da Dolorosa, santa Bríxida de Irlanda, Virxe da Angustia; Farmacéuticos - Inmaculada Concepción e santos Cosme e Damián; filosofía, escritores e informáticos - Santa Catarina de Alexandría, Santo Isidoro de Sevilla e beato Ramon Llull; humoristas - San Filipe Neri, san Xenxo de Roma; hostaleiros - Santa Marta; Igrexa Universal - San Xosé; inmigrantes - Santa Francisca Xabiera Cabrini;miniatura|Santo Alberte Magno é o padroeiro dos químicos. labradores - San Sidro Labrador; libreiros - San Xoán Apóstolo e Evanxelista; loteiros - A Nosa Señora de Graza e Esperanza; mar e forzas armadas principalmente en Chile - Virxe do Carme, San Pedro, Virxe da Esperanza; médicos - San Lucas, santos Cosme e Damián, san Xosé Moscati, san Ricardo Pampuri e san Pantaión; mestres - Xoán Bautista de La Salle, San Xosé de Calasanz; militares - Santa Bárbara, san Miguel Arcanxo e san Xurxo de Capadocia; mineiros - San Lourenzo, Santa Bárbara, Santa Mónica; misioneiros - Santa Teresiña do Neno Xesús, San Francisco Xabier; mocidade confrade - San Juan Evanxelista; moteiros - Virxe do Carme; músicos - Santa Icía, san Ambrosio de Milán e san Gregorio I Magno; nenos - San Nicolao de Bari e os Santos Inocentes; oculistas e oftalmólogos - Santa Lucía; ópticos e optometristas - Santa Otilia; orfos - Santa Laura Montoya; miniatura|San Cristovo, patrón dos condutores. panadeiros - San Honorato; pastores - Divina Pastora das Almas; xornalistas e reporteiros - San Francisco de Sales; pescadores - San Pedro; pintores - Fra Angelico (declarado por Xoán Paulo II); pobres e aflixidos - San Sebastián; poetas - San Xoán da Cruz; policías - Santo Anxo Custodio; políticos - San Tomé Mouro; prestamistas - San Nicolao; químicos - Santo Alberte Magno; radioaficionados - San Maximiliano Kolbe; raparigas casadeiras - Santa Catarina de Alexandría, Santo Antonio de Padua; operadores e locutores de radio - San Gabriel Arcanxo; sacerdotes - San Xoán María Vianney; servidores de saúde - San Pedro de Betancur; soldados e scouts - San Xurxo de Capadocia; teceláns - Santa Anastasia de Sirmio; teólogos - San Xoán Apóstolo e Evanxelista - San Paulo e Santo Agostiño; tintureiros - Santa Lida de Tiatira; toureiros - San Pedro Regalado, Virxe da Macarena e Virxe da Caridade; traballadores - San Xosé tradutores - San Xerome de Estridón; transportistas - San Cristovo, beato Sebastián de Aparicio; xastres - san Homobono; xuristas - San Raimundo de Peñafort; Xuventude - San Luís Gonzaga e san Xoán Bosco; para evitar o aborto - san Ramón Nonato, nosa Señora de Guadalupe e santa Catarina de Suecia contra ataques animais - San José de Anchieta;
Patróns nacionais San Thorlak: Islandia San Patricio: Irlanda Santo André: Escocia San Xurxo: Inglaterra, Moldova, Letonia, Rusia San David: Gales San Antonio de Padua: Portugal Santiago: España Santa Xoana de Arco: Francia San Francisco de Asís: Italia San Bonifacio: Alemaña San Galo: Suíza San Xosé: Bélxica, Eslovenia, Croacia Santa Cunegunda: Luxemburgo Santa Vilibrordo: Países Baixos San Canuto: Dinamarca Nª Sª de Czestochowa: Polonia San Olaf II: Noruega Santa Bríxida: Suecia San Henrique: Finlandia San Adalberto de Praga: República Checa San Mauricio: Austria San Elías: Bosnia e Hercegovina Nª Sª das Dores: Eslovaquia Santo Estevo: Hungría San Sava: Serbia San Trifón: Montenegro Nª Sª do Bo Consello: Albania Nª Sª do Sinal: Grecia San Clemente: Macedonia San Xoán de Rila (ou Iván): Bulgaria Santo Estevo III: Romenia San Xoán Evanxelista: Turquía San Bernabé: Chipre San Volodimir (Baldomero/Vladimiro): Ucraína San Vítor de Marsella: Estonia San Casimiro: Lituania Santa Eufrasina de Polak: Belarús San Cibrán de Cartago: Alxeria
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Advocacións das parroquias galegas Ligazóns externas Católicos en Liña: Santos Patróns Foros Católicos: Santos Patróns Índice
Categoría:Santos Categoría:Santos do catolicismo