Jean Floressas des EsseintesFicha de Jean Floressas Des Esseintes en passioneperlacultura.it. En ocasións grafado tamén como Jean Des Esseintes (con maiúscula nas dúas palabras que compoñen o apelido). é un personaxe de ficción creado por Joris-Karl Huysmans como protagonista da novela A contrafío (1884).

Características Trátase dun esteta consumado, talvez inspirado na figura real de Charles de MonstesquieuFicha de Des Esseintes en Universalis.fr .,que procede dunha liñaxe nobre e que polo tanto conta cunha copiosa fortuna, se ben asiste impotente á disolución da súa familia. Á idade de 30 anos perde todo contacto coa sociedade en prol dunha vida illada e sustentada sobre unha sensualidade experimental.Ficha do personaxe na Biblioteca británica É en boa medida un alter ego do autor.Huysmans. Catolicismo bueno y catolicismo malo. El secreto de la Iglesia. Este personaxe é "esteticamente sutil e refinado (...) mantén unha postura de brutal oposición á mediocridade, á superficialidade e ao conformismo co herdado, outorgándolles á arte e á fantasía un papel destacado"Texto na contracapa da obra na súa versión en galego (traducida por Isabel Soto e publicada en 2016 por Editorial Hugin e Munin).. Así mesmo, cabe cualificalo de misóxinoAnnette Trefzer e Ann J. Abadie. Global Faulkner, Universidade de Mississippi (Dpto. de Literatura comparada), 2009, cap. "Artificial Women, Pygmalion Paradigm, Mosquitoes", páx. 139..

Tanto a obra, A contrafío, coma o personaxe protagonista mereceron o eloxio dos membros da Xeración Nós. O escritor Vicente Risco dedicáballe palabras coma estas á figura de Des Esseintes:

Nunha de moitas críticas aparecidas na prensa da época, o escritor e xornalista católico Firmin Boissin definía así o personaxeBOISSIN, F, «À rebours par J.-K. HUYSMANS», en Polybiblion Revue Bibliographique Universelle, xullo de 1884.:

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas What Houellebecq Learned from Huysmans, artigo en The New Yorker o 12 de novembro de 2015.

Categoría:Personaxes da literatura Categoría:Literatura en lingua francesa