A lingua arikara é unha lingua caddo falada polos arikara que residen na reserva de Fort Berthold en Dacota do Norte. O arikara está moi relacionado coa lingua pawnee, pero non son mutuamente intelixibles.

Os arikara foron un grupo que coñeceron a Lewis e Clark en 1804; a súa poboación era de 30 000 pero reduciuse a 6 000 por mor da varíola. O arikara está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Status da lingua O arikara é falado en Dacota do Norte por uns poucos anciáns. Un dos derradeiros falantes fluídos, Maude Starr, morreu o 20 de xaneiro de 2010. Foi unha mestra certificada da lingua que participou nos programas educativos arikara. Os esforzos de revitalización lingüística continúan, e no 2014, os falantes concéntranse en White Shield, Dacota do Norte. A lingua é ensinada no Colexio Comunitario de Fort Berthold, no Colexio White Shield e no Centrol Cultural Arikara.

O arikara está documentado, con diversos volumes de historias arikara, textos introdutores para lectores, e estudos lingüísticos. No 2014, aplicacións de iPhone e iPad estiveron dispoñibles.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Dicionario en liña de arikara Narrativas tradicionais de arikara

Categoría:Linguas caddo Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas