A aspidistraNome vulgar galego en Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004 (Aspidistra elatior) é unha especie de planta rizomatosa pertencente á familia das asparagáceas. É nativa do Xapón e é amplamente cultivada como planta ornamental. miniatura|Detalle da flor. miniatura|Vista da planta. Descrición Aspidistra elatior é unha planta sen talo que alcanza un tamaño dun metro de altura, con follas de cor verde escura. As pequenas e solitarias flores de cor púrpura poden aparecer na base da planta na primavera.
Distribución
Aínda que se pensa que é de orixe chinesa, a especie é, de feito, nativa das illas do sur do Xapón, incluíndo Kuroshima, Suwanosejima e as Illas Uji. Preséntase en asociación con especies como Ardisia sieboldii ou Castanopsis sieboldii.
Cultivo Aspidistra elatior é unha planta exótica ben coñecida por non precisar moitos coidados. É tolerante a condicións de pouca luz, baixa humidade, rega irregular, e a flutuacións de temperatura. É mellor poñela afastada dos raios directos do sol para evitar que as follas embranquezan. Unha boa drenaxe é tamén necesaria para un crecemento óptimo e para evitar a podremia da raíz. A especie non acostuma ser seriamente atacada por insectos, aínda que, os ácaros e as cochinillas poden causar problemas ocasionais. As follas e as raíces poden ser consumidas polos mamíferos ungulados como o cervo, así como por roedores e coellos.
Taxonomía Aspidistra elatior foi descrita por Carl Ludwig Blume e publicado en Tijdschrift voor Natuurlijke Geschiedenis en Physiologie 1: 76, pl. 4, no ano 1834. en Trópicos Variedades aceptadas Aspidistra elatior var. attenuata (Hayata) S.S.Ying Aspidistra elatior var. elatior Sinonimia Aspidistra attenuata Hayata Aspidistra punctata var. albomaculata Hook. Aspidistra variegata (Link) Regel Plectogyne variegata Link en PlantList
Notas
Véxase tamén Bibliografía CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Ca. nat. México. CONABIO, Cidade de México. Flora of China Editorial Committee. 2000. Fl. China 24: 1–431. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
Ligazóns externas
Categoría:Aspidistra Categoría:Flora do Xapón Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Plantas descritas en 1834