Ramón Robles Pazos, nado en Santiago de Compostela en 1899 e finado en Madrid o 27 de marzo de 1968, foi un militar galego.
Traxectoria Ingresou na Academia Infantaría de Toledo en 1916. Participou na campañas de Marrocos, ascendeu a capitán por méritos de guerra e foi profesor na Academia de Infantaría. Ao iniciarse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba de permiso en Madrid coa súa muller e fillos. Foi apresado e grazas á influencia do seu irmán José Robles Pazos que traballaba para o goberno leal, facilitáronlle un permiso especial e foi absolto no xuízo. Mentres, estivo refuxiado na Embaixada de Chile e traballaba como quintacolumnista. Ao finalizar a guerra participou na División Azul como tenente coronel. En outubro de 1961 foi nomeado tenente xeneral. Foi Gobernador Militar de Sevilla e do Campo de Xibraltar, estivo ao mando da VII Rexión Militar e en novembro de 1962 foi nomeado capitán xeneral da IX Rexión. Finou en Madrid o 27 de marzo de 1968.Necrolóxica en ABC, 28-3-1968, p. 77, 123.
Vida persoal Casou con Adelaida Segura Guijarro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas El trágico final de José Robles, el mejor amigo de John Dos Passos
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes