Joy é un filme biográfico estadounidense de comedia-dramática de 2015, dirixido por David O. Russell, e protagonizado por Jennifer Lawrence (Joy Mangano), Bradley Cooper (un executivo da Home Shopping Network), Robert De Niro (pai de Joy) e Édgar Ramírez (ex home de Joy).

A rodaxe comezou en Boston o 16 de febreiro de 2015. Estreouse o 25 de decembro de 2015 no Estados Unidos de América, e o 8 de xaneiro de 2016 en Galicia, coa dobraxe en castelán.

Sinopse

O filme conta a historia de Joy, unha moza que vive cunha familia desestruturada, no mesmo fogar vive a súa avoa, a súa filla pequena, a súa nai, enganchada ás novelas televisivas, e seu pai, que vive no soto co exmarido de Joy, un home latino. Joy intenta sobrevivir e ter éxito e intenta lanzar a patente dunha orixinal fregona a través dunha teletenda.

Personaxes Jennifer Lawrence como Joy Mangano, inventora, empresaria, nai divorciada con dous fillos. Isabella Crovetti-Cramp como Joy Mangano (nova) Bradley Cooper como un executivo da Home Shopping Network que axuda a Joy coa 'Miracle Mop', dándolle un grande impulso. Robert De Niro como o pai de Joy Édgar Ramírez como Tony Miranne, compañeiro de clase de Joy, e máis tarde o seu home - de quen se divorcia. Elisabeth Röhm como Peggy, irmá de Joy Dascha Polanco como Jackie, mellor amiga de Joy Isabella Rossellini Diane Ladd Virginia Madsen Donna Mills

Produción En xaneiro de 2014, David O. Russell deu a coñecer o seu próximo proxecto, un drama sobre a extraordinaria historia dunha inventora e empresaria americana Joy Mangano, a súa loita en Long Island sendo nai solteira. Russell contratou a Jennifer Lawrence para desenvolver o papel principal do filme; John Davis e John Fox producirían o filme de Davis Entertainment xunto con Ken Mok, mentres que a 20th Century Fox sería titular do dereito de distribución.

A principios de novembro de 2014, Russell dixo que é "unha grande oportunidade para Jennifer de facer algo que non fixera antes" tamén revelou que gustaría de ter a Robert De Niro no elenco e que tamén creara un papel para Bradley Cooper como protagonista. O 11 de novembro, informouse de que De Niro estaba en negociacións finais para volver a traballar con Russell e Lawrence no filme para interpretar o pai de Joy Mangano.; e a principios de decembro de 2014, Cooper confirmou o papel para interpretar a un executivo da "Home Shopping Network" que axuda a Joy no lanzamento da fregona 'Miracle Mop'. Rumoreábase tamén que Melissa Leo estaría no elenco do filme. O 8 de decembro, Édgar Ramírez uniuse ao elenco como Tony Miranne, ex-home de Joy. Outros membros do elenco, como Isabella Rossellini, Diane Ladd e Virginia Madsen foron dados a coñecer o 17 de febreiro de 2015.

Rodaxe A rodaxe iniciouse en febreiro de 2015, xusto despois de que De Niro rematase a rodaxe de Dirty Grandpa. Comezou o 9 de febreiro de 2015 en Boston, Massachusetts, sería a terceiro filme de Russell rodado na zona. Por mor da neve na cidade a rodaxe pospúxose ao 19 de febreiro, e durou até o 26 de febreiro. Despois de filmaren en Wilmington, a produción trasladouse ao Norte Reading, onde a rodaxe tivo lugar en marzo de 2015 Máis tarde, o 17 de marzo de 2015, os membros da produción foron vistos filmando en Winchester, MA. O 23 de marzo, a rodaxe realizouse en Reading do Norte. En abril, Lawrence e De Niro foron vistos filmando en Lynn, MA. O 8 de abril, a rodaxe tivo lugar en Hawthorne Hotel en Salem, Massachusetts. O 11 de abril a produción, instalouse para a rodaxe que tivo lugar en Washington Street no centro de Haverhill, MA o 14 de abril.

Premios e nomeamentos PremioCategoríaReceptoresResultadoPremios ÓscarMellor actrizJennifer Lawrencependente Globos de OuroMellor filme - Comedia ou musicalJoynomeada Mellor actriz - Comedia ou musicalJennifer LawrenceGañadoraCrítica de DetroitMellor actrizJennifer LawrenceNomeada Mellor elencoJennifer Lawrence, Bradley Cooper, Robert De Niro, Édgar Ramírez, Elisabeth Röhm, Isabella Rossellini, Diane Ladd, Virginia MadsenNomeadosCírculo de Críticos de PhoenixMellor actrizJennifer LawrenceNomeada Mellor comediaJoyNomeadaFestival de Capri-HollywoodMellor guión orixinalDavid O. Russell & Annie MumoloGañadores Editores de Cine dos Estados UnidosMellor montaxe nun filme de comedia ou musicalJay Cassidypendente Premios Artio (Casting Society of America)Comedia de grande orzamentoMary Vernieu, Lindsay Graham, Angela Peripendente Gremio de directores artísticos (ADG)Mellor dirección artística nun filme contemporáneoJudy Beckerpendente Crítica de DenverMellor comediaJoynomeada Gremio de deseñadores de vestiario (CDG)Mellor vestiario nun filme contemporáneoMichael Wilkinsonpendente </center>

Notas

Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por David O. Russell Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de comedia Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Nova Jersey