A dos bradipódidos (Bradypodidae) é unha familia de mamíferos placentarios da orde dos pilosos.

A familia comprende un único xénero, Bradypus, con catro especies, que habitan en América Central e do Sur, das que a máis abundante é, con moito, Bradypus variegatus.

Características O seu aspecto recorda algo ao dos prosimios (como os lemuriformes) e a algúns simios do Novo Mundo, como os cébidos, especialmente pola cabeza, arredondada, o fociño, prolongado e cuberto de pelo curto, e os ollos, situados en posición anterior, e que miran cara a adiante,VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6, pp. 83-86.

A lonxitude do seu corpo (cabeza e tronco) oscila entre os 50 e os 70 cm, cunha cola de menos de 7 cm. A pelaxe, moi mesta e híspida, está formada por longos e ásperos pelos, que recobren unha lanuxe e que están reunidos en feixes; a orientación dos pelos é excepcional: a diferenza dos demais mamíferos están dispostos desde o ventre até o dorso, a causa do hábito adquirido por estes animais de pendurase das pólas das árbore co dorso cara a abaixo, o que responde á necesidade de enfrontar a abundante pluviosidade das selvas nas que viven; así a auga escoa rapidamente polos pelos sen chegar a entrar en contacto directo coa pel.

Un dos seus caracteres fisiognómicos máis evidentes é a notábel lonxitude das súas extremidades, aparentemente desproporcionada con relación ao tronco; as patas anteriores están máis desenvolvidas que as posteriores, que son de lonxitude case igual á de todo o corpo, mentres que as primeiras sobrepánano en máis dun terzo. Este crecemento esigual maniféstase contra o final do período embrionario, intensificándose nos primeiros meses de vida do acabado de nacer, o que induce a supoñer que ten unha orixe relativamente recente, como adaptación ao seu especial xénero de vida arborícola. por iso, no solo desprázanse con gran dificultade, case arrastrándose, apoiándose nos antebrazos e os pés. As 'mans' son longas e estreitas, cos dedos reunidos nun invólucro cutáneo único (sindactilia); só permanen libres as súas robustas uñas (garras).

Outra característica salientábel é a de contar con nove vértebras cervicais, o que lles permite a rotación da cabeza até uns 270º.

Bioloxía

Aliméntanse principalmente de follas. Como esta dieta non é moi rica en nutrientes, o seu corpo está afeito a aforrar enerxía. Poden gabear polas árbores sen esforzo, e a súa calor corporal é moi baixa. Cando comen, mastigan moi lentamente, xa que ao seu aparello dixestivo lle leva moito tempo dixerir o alimento. Polo tanto, poden defecar tan só unha vez por semana, e non comer durante un mes. Poden durmir cerca de 18 horas ao día.Attenborough, David (2002): The life of Mammals. BBC.

Non teñen unha visión moi precisa. Os seus ollos son moi pequenos. Non producen sons, o que lles dá, cos seus lentísimos movementos, unha aparencia moi tranquila e discreta.

As femias alcanzan a madurez sexual á idade de 3 a 5 anos e os machos entre os 4 e os 5 anos. As femias, despois dun período de xestación de entre 6 a 11 meses, segundo as especies, paren unha única cría por parto.

Taxonomía

Descricións A familia dos Bradypodidae foi descrita en 1821 polo naturalista británico John Edward Gray, en London Med. Repos., 15: 304.Bradypodidae en MSW. O seu único xénero, Bradypus, fora descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.<ref name=M2>Bradypus en MSW.</ref>Bradypus en Linnæus, Carl (1758): Systema Naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. 10ª ed. Holmiæ: Laurentius Salvius, p. 34.

Etimoloxías O nome científico da familia, Bradypodidae, está formado, normalmente, sobre a raíz do nome do seu xénero tipo (e único), Bradypus, coa adición da desinencia -idae (tirada do grego antigo είδος eídos, "semellante"), propia dos nomes das familias de animais.

Pola súa parte, Linneo construíu o nome deste xénero co primeiro elemento brady- (do grego βραδύς bradýs, "lento, torpe, calmoso, tranquilo"), e o segundo elemento -pus (do grego πούς poús, "pé, pata").

Sinónimos Ademais de polo nome que lle deu Linneo, e que segue a ser vixente na acualidade, o xénero Bradipus coñeceuse ao longo do tempo tamén polos sinónimos seguintes:

Acheus Cuvier, 1825 Arctopithecus Gray, 1850 Eubradypus Lönnberg, 1942 Hemibradypus Anthony, 1906 Ignavus Blumenbach, 1779 Scaeopus Peters, 1864 Achaeus Erman, 1835 Achaeus Gray, 1843 Arctopithecus Gray, 1843 Neobradypus Lönnberg, 1942 Tardigradus Brisson, 1762

Especies Na actualidade recoñécense no xénero Bradypus as seguintes catro especies:

Bradypus pygmaeus Anderson & Handley, 2001 Bradypus torquatus Illiger, 1811 Bradypus tridactylus Linnaeus, 1758 Bradypus variegatus Schinz, 1825

Galería e imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 340–341. McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados''. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 83–86.

Outros artigos Pilosos Folívoros

Ligazóns externas Bradypodidae na ADW. Abundant5e información, imaxes e bibliografía Bradypodidae na EOL. Bradypus na ADW. Bradypus na EOL.

Categoría:Placentarios