A Reserva da Biosfera Río Eo, Ozcos e Terras de Burón,Ozcos é o topónimo en galego segundo se indica no Portal da Lingua Galega e outras fontes. Ver Áreas galegofalantes fóra de Galicia ou oficialmente Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón,ANUNCIO do 28 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se fai público o Plan de xestión da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón. é unha reserva da biosfera dentro do programa MAB da UNESCO e que abrangue os concellos de Ribadeo, Trabada, A Pontenova, A Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz en Galicia, e de Castropol, A Veiga, Taramundi, Santiso de Abres, Vilanova de Ozcos, Santalla de Ozcos e San Martín de Ozcos en Asturias. Ten unha extensión de 15.958,89 km² e inclúe a máis da totalidade da cunca do río Eo dende o seu nacemento en Fonteo ata a súa desembocadura na ría de Ribadeo, a propia ría e boa parte das cuncas que nela desembocan, así como anacos das cuncas dos ríos Miño, Navia e Porcía, encadrando unha unidade de biodiversidade, cultural e patrimonial. Cando foi designada, a zona tiña unha poboación de 32 974 habitantes, se ben case tódolos municipios observan decrecemento de poboación.
Descrición miniatura|300px|Vista do final da ría de Ribadeo (xa ría de Abres), na parte norte da reserva. Inclúe a Reserva Natural Parcial da Ría de Ribadeo, as zonas especiais de conservación (ZEC) de Penarronda-Barayo (parcialmente), ría de Ribadeo, Río Eo e Cunca do Augüeira, Zona de especial protección para as aves Penarronda-Barayo e Ría de Ribadeo, incluíndo a zona húmida Ramsar Ría de Ribadeo e o monumento natural da praia de Penarronda.
Foi declarada o 19 de setembro de 2007 pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) dentro do programa MaB (Home e Biosfera).
O 11 de decembro de 2013 asinouse o Protocolo de Colaboración para a Coordinación da Xestión.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Reserva da biosfera Ligazóns externas Ficha da UNESCO
Categoría:Reservas da biosfera de España Categoría:Reservas da biosfera de Galicia