Brianne Sidonie Desaulniers, nada en Sacramento (California) o 1 de outubro de 1989 é unha actriz e cantante estadounidense coñecida como Brie Larson.
Traxectoria Nada en Sacramento, os seus pais divorciáronse cando era nena e marchou aos Ánxeles coa súa nai e a súa irmá máis nova, Milaine. A súa primeira lingua foi o francés.
Estudou interpretación en San Francisco e escolleu como nome artístico "Larson", apelido de solteira da súa bisavoa, porque consideraba que o seu apelido era difícil de pronunciar.
O seu primeiro traballo como actriz foi en sketches de The Tonight Show with Jay Leno e logo participou en varias series de televisión, como Raising Dad, e no telefilme de Disney Channel Right on Track.
En 2005 publicou o seu primeiro disco e en 2015 protagonizou o filme Room, co que gañou o Oscar á mellor actriz na 88ª edición dos Oscar.
Filmografía Ano Título PersonaxeNotas 1999 Special Delivery Little Angel 2003 Right on Track Courtney Enders 2004 13 Going on 30 Six Chick 2004 Sleepover Elizabeth "Liz" Daniels 2005 Madison Racing girl 2006 Hoot Beatrice "The Bear" Leep 2007 Farce of the Penguins I Need a Z-Pack Penguin Voz 2008 Remember the Daze Angie 2008 The Babysitter Allison Curtametraxe 2009 House Broken Susan "Suzy" Decker 2009 Just Peck Emily 2009 Tanner Hall Kate 2010 Greenberg Sara 2010 Scott Pilgrim vs. the World Envy Adams 2011 Treatment Franny 2011 Weightinghttp://www.underbrain.com/channel/brie-larson-tambien-dirige/ Curtametraxe; codirectora e coguionista 2011 Smorgasbord Ciara Curtametraxe 2011 Rampart Helen 2012 21 Jump Street Molly 2012 The Trouble with Bliss Stephanie Jouseski 2012 The Arm Curtametraxe; codirectora e coguionista 2013 Bitter Orange Myrtle Curtametraxe 2013 Don JonMonica Martello 2013 Short Term 12 Grace 2013 The Spectacular Now Cassidy 2014 The Gambler Amy Phillips 2015 Digging for Fire Max 2015 Trainwreck Kim Townsend 2015 Room Joy "Ma" Newsome Oscar á mellor actriz na 88ª edición dos Oscar 2015 Basmati Blues Linda 2016 Free Fire Justine 2017 Kong, a illa Caveira
Discografía Finally Out of P.E.Brie Larson. AllMusic. Consultado o 30 de xaneiro de 2012.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de California Categoría:Actores de California Categoría:Nados en Sacramento Categoría:Nados en 1989 Categoría:Óscar á mellor actriz