miniatura|Space Coast circundando Merritt Island, vista desde a Estación Espacial Internacional. Space Coast é unha rexión vernácula no estado de Florida ao redor do Centro Espacial John F. Kennedy (no acrónimo en inglés, KSC) e da Estación da Forza Aérea de Cabo Cañaveral. Todos os lanzamentos de voos espaciais tripulados da NASA (empezando polo Proxecto Mercury en 1961 ata o fin do programa transbordadores espacias en 2011) partiron ou ben do KSC ou ben de Cabo Cañaveral. Na Estación da Forza Aérea tiveron tamén lugar lanzamentos de foguetes espaciais militares e civís non tripulados. A área inclúe as cidades de Titusville, Cocoa, Rockledge, Cabo Cañaveral, Merritt Island (non incorporada), Cocoa Beach, Melbourne, Indialantic e Palm Bay. A maior parte da área sitúase dentro dos límites do Condado de Brevard. Limita ao sur coa Treasure Coast; ao oeste e o norte con Florida Central (rexión á que está ligada economicamente); e ao leste co océano Atlántico.

Lugares relacionados Ademais do KSC e da Estación da Forza Aérea de Cabo Cañaveral, teñen relación polos seus nomes con Space Coast os seguintes lugares:

Alan Shepard Park, en Cocoa Beach Apollo Boulevard, en Melbourne Apollo Elementary School, en Titusville Armstrong Drive, en Titusville Astronaut Boulevard, en Cabo Cañaveral Astronaut High School, en Titusville Atlantis Elementary School, en Port Saint John Bayside High School, en Palm Bay Challenger Memorial Parkway, (Florida State Road 407), en Titusville Challenger 7 Elementary School, en Port Saint John Chaffee Drive, en Titusville Christa McAuliffe drawbridge, en Merritt Island Christa McAuliffe Elementary School, en Palm Bay Columbia Boulevard (Florida State Road 405), en Titusville Columbia Elementary School, en Palm Bay Columbia Village, en Melbourne (Instituto de Tecnoloxía de Florida) Discovery Elementary School, Palm Bay Endeavour Elementary Magnet school, en Cocoa Enterprise Elementary School, en Cocoa Freedom 7 Elementary School, en Cocoa Beach Gemini Elementary School, en Melbourne Beach Grissom Parkway, en Cocoa I Dream Of Jeannie Drive, Cocoa Beach Jupiter Boulevard, en Palm Bay Ronald McNair Middle Magnet School, Rockledge MILA Elementary School, Merritt Island. "MILA" é o acrónimo de Merritt Island Launch Area" (Área de Lanzamento de Merritt Island). NASA Boulevard (Florida State Road 508), en Melbourne New Apollo Boulevard Bridge, en Melbourne Satellite Beach, Florida Satellite Boulevard, en Cocoa Satellite High School, en Satellite Beach Shepard Drive, en Titusville Space Coast Jr./Sr. High School, en Cocoa Space Coast Stadium, en Viera, Florida Space Coast Surge, antigo equipo de béisbol en Cocoa Equipo de béisbol infantil e xuvenil membro da Liga de Béisbol de Inverno de Florida, que disputouse en Cocoa no ano 2009. Esta páxina web contén estatísticas individuais do equipo de béisbol durante a súa existencia. Space View Park, en Titusville White Drive, en Titusville

Prefixo telefónico Cando a zona pasou a ter moita poboación para servirse dun só prefixo telefónico, un residente localRobert Osband (tamén coñecido como Richard Cheshire) descubriu que o prefixo nº 321 non estaba asignado a ningún outro territorio (aínda que considerábase por entón que pertencía á área suburbana de Chicago)Isto incluía á maior parte do condado, salvo a parte meridional do mesmo.. Se cada un dos números era pronunciado individualmente —"3, 2, 1"—, a serie lembraba á conta regresiva antes dun lanzamento; así que os residentes solicitaron a asignación do código á rexión de Space Coast. A idea callou entre a poboación local e, finalmente, o novo prefixo telefónico fíxose efectivo oficialmente o 1 de novembro de 1999.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Gold Coast, Florida Treasure Coast First Coast

Categoría:Rexións de Florida Categoría:Florida Central