miniatura|300px|Centro galego da Habana. Os galegos en Cuba son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron en Cuba. Contan cuns 45 000 membros aproximadamente, esparexidos principalmente na Habana, Cárdenas, Matanzas, Pinar del Río, Camagüey, Trinidad, Cienfuegos, Santa Clara, Santiago de Cuba e Guantánamo. Chegaron procedentes de Vigo, cara ao porto da Habana entre os anos 1821 e 1877, fuxindo da fame e das presións políticas. Moitos galegos que chegaran á illa desprazáronse despois cara a México e os Estados Unidos entre a década de 1920 e a de 1940. Historia miniatura|300px|Foto de portada do n.º 1 de La Voz del Agro. Chegada da viaxe á Habana de Jesús Fernández Taboada. Chantada, setembro de 1928. Nos séculos XVIII e XIX, pequenos continxentes emigraron a Cuba, ás veces en condicións de semiescravitude para substituír os negros nas fábricas de azucre, cada vez máis escasos debido ás restricións internacionais ao tráfico.Beramendi, Justo:"Historia mínima de Galicia" Na década de 1880, o rexionalismo evolucionou cara ao galeguismo e enraizouse nas colonias de emigrantes, especialmente no próspero Centro Galego da Habana, Cuba.Beramendi, Justo; "Historia mínima de Galicia" Ó igual que outros símbolos de Galicia, como a bandeira, o estabelecemento do himno galego foi froito da emigración na cidade da Habana. En 1907, Xosé Fontenla Leal encargoulle a Manuel Curros Enríquez (un dos maiores expoñentes do Rexurdimento galego, que residía na Habana) que escribise a letra, e a José Castro "Chané" a música, pero Curros non foi quen de compoñer a letra e Fontenla decidiu escoller o poema de Pondal coa música de Pascual Veiga. Estreouse o 20 de decembro de 1907 no Centro Galego da Habana —hoxe Gran Teatro da Habana— e ata 1923 foi entoado por rexionalistas e agraristas nos seus actos, consolidándose paulatinamente como símbolo de Galicia. Cando se prohibiu o seu uso durante a ditadura de Primo de Rivera, as sociedades galegas de América fixeron medrar o seu interese pola súa interpretación pública. Coa Segunda República acadou o recoñecemento oficial.

Cando os galegos comezaron a estabelecerse nalgún lugar da illa empezaron a producir e traballar tanto no campo coma na cidade da Habana. Construíuse o centro Galego da Habana, que no seu interior contiña un teatro moi grande, e foi na Habana onde se entoou por vez primeira o Himno Galego, no ano de 1924. miniatura|300px|Exiliados galegos no barco Marqués de Comillas viaxando cara a Cuba, 1944."Exiliados galegos no barco Marqués de Comillas viaxando cara a Cuba, 1944" Na actualidade existe a Cátedra de Cultura Galega da Universidade da Habana, que foi creada en 1992 grazas a un convenio entre a Xunta de Galicia e a institución académica cubana onde a día de hoxe centos de estudantes realizaron estudos de lingua e cultura galegas. Galeuscat é o nome escollido polas cátedras de honra da Universidade da Habana para realizar actividades conxuntas relacionadas coas respectivas culturas galega, catalá e vasca. En 2023, Galeuscat dedicouse a homenaxear á escritora galega Rosalía de Castro no Día Internacional da Lingua Materna. Coa aprendizaxe da lingua galega na Universidade da Habana existe unha pequena comunidade neofalante que xunto aos falantes de galego conforman a herdanza lingüística galega en Cuba.

O pai de Fidel Castro, Ángel Castro Argiz, era galego, máis concretamente de Láncara, na provincia de Lugo. Censo electoral de galegos residentes en Cubapor provincia de inscrición, a 1/9/2023 Instituto Nacional de Estadística Provincia da Coruña 12.258 Provincia de Lugo 15.535 Provincia de Ourense 14.092 Provincia de Pontevedra 3.492 Total de galegos en Cuba 45.377

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Maluquer de Motes Bernet, Jordi (1992). Nación e inmigración. Los españoles en Cuba (S. XIX-XX). Ediciones Júcar. ISBN 8472863328.

Vidal Rodríguez, José Antonio (2005). La emigración gallega a Cuba: trayectos migratorios, inserción y movilidad laboral, 1898 - 1968. CSIC. ISBN 84-00-08351-2. Outros artigos Galegos en México Publicacións impresas da diáspora galega

Categoría:Grupos étnicos de Cuba Cuba