Thomas Alva Edison, nado en Milan (Ohio) o 11 de febreiro de 1847 e finado en West Orange (Nova Jersey) o 18 de outubro de 1931, foi un inventor e empresario estadounidense que desenvolveu numerosos dispositivos en campos como a xeración de enerxía eléctrica, a comunicación de masas, a gravación de sons e a cinematografía. Estes inventos, que inclúen o fonógrafo, a cámara cinematográfica e as primeiras versións da lámpada eléctrica, tiveron un impacto xeneralizado no mundo industrializado moderno. Estableceu o primeiro laboratorio de investigación industrial. O mago de Menlo Park (en inglés The Wizard of Menlo Park), como era coñecido, foi un dos primeiros inventores en aplicar os principios da ciencia organizada e do traballo en equipo ao proceso de invención, traballando con moitos investigadores e empregados.

Edison creceu no Medio Oeste estadounidense. Ao principio da súa carreira traballou como operador de telégrafo, o que inspirou algúns dos seus primeiros inventos. En 1876, estableceu o seu primeiro laboratorio en Menlo Park, Nova Jersey, onde se desenvolveron moitos dos seus primeiros inventos. Máis tarde estableceu un laboratorio de botánica en Fort Myers, Florida, en colaboración cos empresarios Henry Ford e Harvey S. Firestone, e un laboratorio en West Orange, Nova Jersey, que contou co primeiro estudo cinematográfico do mundo, o Black Maria.

Con 1.093 patentes estadounidenses ao seu nome, así como patentes noutros países, Edison está considerado como o inventor máis prolífico da historia dos Estados Unidos. ao seu nome así como moitas patentes no Reino Unido, Francia e Alemaña. Atribúenselle numerosos inventos que contribuíron á comunicación de masas e, en particular, das telecomunicacións. Estes inclúen un taboleiro de cotizacións, unha gravadora de votación mecánica, unha batería para un coche eléctrico, a enerxía eléctrica, a música gravada e as películas. A maioría destes inventos non eran completamente orixinais del, e eran feitos verdadeiramente polos seus numerosos empregados. Edison foi criticado por non compartir os méritos.

Inventou o fonógrafo e a bombilla ou lámpada incandescente, logo de experimentar con máis de 1000 materiais diferentes, e conseguiu a industrialización desta cun filamento de bambú carbonizado. Descubriu o chamado efecto Edison, o que permite o funcionamento do díodo de incandescencia.

Edison casou dúas veces e tivo seis fillos. Morreu en 1931 debido a complicacións de diabetes.

Traxectoria Primeiros anos miniatura|upright|esquerda|Thomas Edison de neno, vendedor de xornais. Naceu o 11 de febreiro de 1847 en Milán, no estado de Ohio (Estados Unidos), pero creceu en Port Huron, Míchigan, despois de que a familia se mudase alí en 1854. Fillo de Samuel Ogden Edison Jr. (1804–1896, nado en Marshalltown, Nova Escocia) e Nancy Matthews Elliott (1810–1871, nada en Chenango County, Nova York). Samuel Edison Jr. mudouse a Vienna, Ontario de adulto, pero fuxiu a Ohio despois da súa participación na rebelión de 1837. Foi o fillo pequeno dunha familia modesta con sete pícaros o que chamaron Thomas por un antepasado da familia, e Alva en honor do capitán Alva Bradle.

Al, como chamaban a Thomas Alva Edison, era un neno enfermizo, de grandes ollos azuis, cara redonda, e pelo louro. A súa cabeza era tan anormalmente grande que o médico da aldea chegou a diagnosticarlle unha infección cerebral. A súa nai, Nancy, sentía por el unha gran preocupación; tivera que soportar en 1841 a morte da súa filla Carlile, cando tiña 6 anos. Pouco despois as de Samuel e Eliza, cando só tiñan uns meses. A Edison ensinoulle a ler, escribir e aritmética a súa nai, que era mestra de escola. Foi á escola só uns meses. Con todo, un biógrafo describiuno como un neno moi curioso que aprendía a maioría das cousas lendo pola súa conta. De neno fascináballe a tecnoloxía e pasaba horas facendo experimentos en casa.The Near-Death Experience That Set Thomas Edison on the Road to Fame , Barbara Maranzani, 5 de marzo de 2020. Al fora considerado polos veciños como un neno difícil. Sempre andaba facendo falcatruadas encontrándose en apuros moitas veces. O celeiro do seu pai foi pasto das chamas porque acendeu unha pequena lumarada (só para ver que pasaba). O incendio estivo a punto de estenderse a toda a aldea; seu pai, Sam, comerciante de madeiras e víveres, castigouno pegándolle publicamente na praza do mercado.

Sendo xa adulto, Thomas Alva falaba da súa nai case con devoción, pero en cambio nunca mencionou nada positivo do seu pai: “Meu pai pensaba que eu era parvo, e eu case cría que en verdade era un idiota”. Á súa vez, o pai tampouco deixou dúbida ningunha de que non podía comprender o rapaz, a súa constante curiosidade, as súas preguntas...

Thomas A. Edison desde pequeno demostrou poder de observación e curiosidade. En 1854 a familia mudouse para Port Huron, Míchigan. No soto da casa Edison instalou un laboratorio de química, onde realizaba experiencias. Aprendeu o código Morse e comezou a construír telégrafos artesanais.

Edison desenvolveu problemas de audición aos 12 anos. A causa da súa xordeira atribúese a un ataque de escarlatina durante a infancia e a infeccións recorrentes no oído medio non tratadas. Posteriormente inventou historias ficticias sobre a causa da súa xordeira.The medical mystery that helped make Thomas Edison an inventor , PBS, 22 de outubro 2018. Como estaba completamente xordo dun oído e apenas oía polo outro, dise que Edison escoitaba un reprodutor de música ou un piano cravando os dentes na madeira para absorber as ondas sonoras no seu cranio. A medida que envellecía, Edison cría que a súa perda de audición permitíalle evitar distraccións e concentrarse máis facilmente no seu traballo. Historiadores modernos e profesionais da medicina suxeriron que podería ter TDAH.

Primeiros anos de carreira Thomas Edison comezou a súa carreira como repartidor, vendendo periódicos, doces e verduras, nos trens que ían de Port Huron a Detroit. Aos 13 anos xa gañaba 50 dólares á semana, que destinaba na súa maior parte a comprar equipos para experimentos eléctricos e químicos. Aos 15 anos, en 1862, salvou a Jimmie MacKenzie, de 3 anos, de ser arroiado por un tren fóra de control. O pai de Jimmie, J. U. MacKenzie que era de Mount Clemens, Míchigan e xefe de estación, quedou tan agradecido que formou a Edison como operador de telégrafo. O primeiro traballo de telegrafía de Edison lonxe de Port Huron foi en Stratford Junction, Ontario, no Grand Trunk Railway.Baldwin, p. 37 Tamén estudou análise cualitativa e realizou experimentos químicos ata que deixou o traballo no canto de ser despedido tras ser considerado responsable dunha case colisión de dous trens.

Edison obtivo o dereito exclusivo de vender xornais na estrada e, coa axuda de catro axudantes, mecanografou e imprimiu o Grand Trunk Herald, que vendeu xunto cos outros periódicos. Edison iniciou así un longo refacho de aventuras empresariais, a medida que descubría o seu talento como home de negocios. En última instancia, o seu espírito emprendedor foi fundamental para a creación dunhas 14 empresas, entre elas General Electric, que é unha das maiores empresas que cotizan en bolsa do mundo.

En 1866, á idade de 19 anos, Edison trasladouse a Louisville, Kentucky, onde, como empregado da Western Union, traballou na oficina da axencia de noticias da Associated Press. Edison solicitaba a quenda de noite, o que lle deixaba moito tempo para dedicarse aos seus dous pasatempos favoritos: ler e experimentar. Co tempo, este último custoulle o posto. Unha noite de 1867, estaba a traballar cunha batería de chumbo e ácido cando derramou ácido sulfúrico polo chan. O ácido correu entre as táboas do chan e caeu sobre a mesa do seu xefe. Á mañá seguinte, Edison foi despedido.Baldwin, pp. 40–41

En 1868 patentou o seu primeiro invento, que foi un contador automático de votos, , concedida o 1 de xuño de 1869.The Edison Papers , Rutgers University. Retrieved March 20, 2007. Ao atopar pouca demanda para a máquina, Edison trasladouse a Nova York pouco despois. Un dos seus mentores durante eses primeiros anos foi un compañeiro telegrafista e inventor chamado Franklin Leonard Pope, que permitiu ao mozo empobrecido vivir e traballar no soto da súa casa de Elizabeth, Nova Jersey, mentres Edison traballaba para Samuel Laws na Gold Indicator Company. Pope e Edison fundaron a súa propia empresa en outubro de 1869, traballando como enxeñeiros eléctricos e inventores. Edison comezou a desenvolver un sistema telegráfico multiplex, que podía enviar dúas mensaxes simultaneamente, en 1874."Life of Thomas Alva Edison" , Inventing Entertainment: The Early Motion Pictures and Sound Recordings of the Edison Companies, Library of Congress.

Sábese que ao principio da súa carreira matriculouse nun curso de química en The Cooper Union for the Advancement of Science and Art para apoiar o seu traballo nun novo sistema de telegrafía con Charles Batchelor. Esta parece ser a súa única inscrición en cursos dunha institución de ensino superior.Thomas Edison Is An Innovative Icon, And Here's Why , Odyssey, 26 de marzo de 2018.

Laboratorio de Menlo Park (1876–1886) Centro de investigación e desenvolvemento miniatura|upright|Laboratorio de Edison en Menlo Park, reconstruído en Greenfield Village, no Museo Henry Ford de Dearborn, Míchigan A principal innovación de Edison foi a creación dun laboratorio de investigación industrial en 1876. Construíuse en Menlo Park, unha parte do municipio de Raritan (agora chamado Edison Township na súa honra) no condado de Middlesex, Nova Jersey, cos fondos da venda do telégrafo cuádruplex de Edison. Despois da súa demostración do telégrafo, Edison non estaba seguro de que o seu plan orixinal de vendelo por 4.000 a 5.000 dólares fose correcto, así que pediu a Western Union que fixese unha oferta. Sorprendeulle que lle ofrecesen 10.000 dólares (258.647 dólares en 2022), que aceptou agradecido. O telégrafo cuádruplex foi o primeiro grande éxito financeiro de Edison, e Menlo Park converteuse na primeira institución creada co propósito específico de producir constantes innovacións e melloras tecnolóxicas. A Edison atribuíronselle legalmente a maioría dos inventos producidos alí, aínda que moitos empregados levaron a cabo actividades de investigación e desenvolvemento baixo a súa dirección. Polo xeral, os seus empregados debían seguir as súas instrucións á hora de levar a cabo as investigacións, e el esixíalles con afán que producisen resultados.

William Joseph Hammer, enxeñeiro eléctrico consultor, empezou a traballar para Edison e iniciou as súas tarefas como axudante de laboratorio en decembro de 1879. Colaborou en experimentos sobre o teléfono, o fonógrafo, o ferrocarril eléctrico, o separador de mineral de ferro, a iluminación eléctrica e outros inventos en desenvolvemento. Con todo, Hammer traballou principalmente na lámpada eléctrica incandescente e foi posto a cargo das probas e rexistros dese dispositivo. En 1880, foi nomeado enxeñeiro xefe da Edison Lamp Works. No seu primeiro ano, a planta, baixo a dirección do director xeral Francis Robbins Upton, produciu 50.000 lámpadas. Segundo Edison, Hammer foi "un pioneiro da iluminación eléctrica incandescente". Frank J. Sprague, matemático competente e antigo oficial naval, foi recrutado por Edward H. Johnson e uniuse á organización de Edison en 1883. Unha das contribucións de Sprague ao Laboratorio Edison de Menlo Park foi ampliar os métodos matemáticos de Edison. A pesar da crenza común de que Edison non utilizaba as matemáticas, a análise dos seus cadernos revela que era un astuto usuario das análises matemáticas realizadas polos seus axudantes como Francis Robbins Upton, por exemplo, determinando os parámetros críticos do seu sistema de iluminación eléctrica incluíndo a resistencia da lámpada mediante unha análise da Lei de Ohm, a Lei de Joule e a economía. miniatura|upright|Edison's Menlo Park Lab, 1880