O senhal é un nome ficticio que os trobadores provenzais inserían nos seus versos ao xeito dun código para referirse tanto á dama, usualmente unha dona nobre casada, como a outro trobador ou personaxe. A miúdo aparecen nas tornades (as derradeiras estrofas, onde a poesía se dedica a alguén), aínda que non sempre. O senhal era un código entre ambos baixo a aparencia dunha metáfora ou dun elemento natural. Moitos trobadores empregaban sinais estandarizados, como un recurso literario máis, namentres outros os usaban como broma privada na corte, porque os receptores sabían que mantiñan unha relación con certa dama mais, ao seren sutís, non se lles podía acusar de adulterio.

Categoría:Lírica provenzal