O 28 de febreiro é o 59º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 306 días para finalizar o ano, 307 nos anos bisestos.
Acontecementos 364 - Valentiniano I é nomeado emperador romano. 380 - O emperador Teodosio I, O Grande ordena que o imperio adopte a relixión cristiá. 1258 - Saqueo en Bagdad polo emperador Hulagu Khan 1525 - Cuauhtémoc é executado. 1638 - En Gran Bretaña, o rei Carlos I de Inglaterra pretende impoñer, xunto co arcebispo Laud, aos escoceses a nova liturxia baseada no Book of Common Prayer inglés. 1707 - Decreto de Filipe V de España polo que se organiza o Exército español. 1784 - Xoán Wesley funda a Igrexa Metodista. 1827 - Primeiro ferrocarril construído dende Baltimore a Ohio que ofrece transporte comercial de xente e carga. 1839 - España: Autorízanse as asociacións obreiras de axuda mutua e beneficencia. 1844 - No teatro da Cruz, de Madrid, estréase Don Juan Tenorio, de José Zorrilla. 1844 - Unha bomba estala no barco Princeton, mentres facía travesía no río Potomac, e mata dous membros do Consello dos Estados Unidos e a outros máis. 1848 - Segunda revolución francesa; Proclamación oficial da República. 1849 - Comeza o primeiro servizo regular coa chegada do buque California desde o porto de Nova York até a Baía de San Francisco, despois dunha viaxe de 4 meses e 21 días. 1850 - Inaugúrase a primeira Universidade de Salt Lake City, Utah. 1861 - Créase o territorio de Colorado. 1876 - O aspirante Carlos, centro do movemento carlista, foxe a Francia. 1883 - Ábrese en Boston, Massachusetts o primeiro teatro de variedades americano. 1908 - O tsar de Persia sae ileso dun atentado en Teherán. 1911 - Estala a rebelión no Uruguai contra a autoridade española. 1913 - Decreto polo que se crea en España o Servicio Aerostático Militar, dividido en dúas ramas: Aerostación e Aviación. 1918 - Crise no Goberno español. O Rei encarga a formación dun novo Goberno a Manuel García Prieto. 1921 - Guerra entre Panamá e Costa Rica. 1921 - Rebeldía antibolxevique entre os mariñeiros do buque Petropavlovsk na cidadela de Kronstadt. 1922 - Exipto alcanza a súa independencia de modo restrinxido. 1933 - Créase un decreto contra os incendios da Reichstag. 1935 - Wallace Carothers descobre o nailon. 1935 - Hitler promulga unha ampla amnistía de delitos políticos e outros para as xentes do Sarre. 1939 - Dimite Manuel Azaña como presidente da República española. 1940 - Estados Unidos: Primeira retransmisión dun partido de baloncesto da universidade de Fordham contra Pittsburgh. 1943 - Segunda guerra mundial: Bombardeo aéreo aliado sobre Berlín. 1947 - Protestas populares, iniciadas o día anterior en Taipei (Taiwán) polo asasinato de dúas persoas; os graves disturbios foron afogados en sangue polo Exército, que matou decenas de miles de manifestantes. 1951 - Caída do Goberno de René Pleven en Francia. 1952 - Clausura dos VIII Xogos de Inverno en Oslo. 1953 - Os científicos James Watson e Francis Crick determinan a estrutura química do ADN. 1955 - Inaugúrase o tren expreso que cobre a ruta Hanoi-Pequín-Moscova-Berlín. 1960 - Finalización dos X Xogos Olímpicos de Inverno en Squaw Valley, California. 1969 - Rexístranse incidentes en Guinea Ecuatorial contra súbditos españois. 1976 - Carme Valero vence no Cross feminino das Nacións celebrado en Gales. 1980 - Referendo en Andalucía para ratificar o Estatuto de Autonomía. 1983 - Lánzase ao mercado o compact disc. 1986 - O primeiro ministro sueco Olof Palme é asasinado. 1986 - O Goberno Brasileiro aplica o "Plan Tropical" que supón a conxelación dos prezos e dos salarios. 1988 - Graves disturbios en Azerbaidján, en resposta ás manifestacións da Armenia soviética, que reclaman a anexión dun enclave armenio cristián no Azerbaidján musulmán. 1989 - Israel: Forte avance do Likud de Shamir e retroceso dos laboristas nas eleccións municipais. 1990 - Apróbase na URSS a lexislación que permite e regula a propiedade privada da terra e a súa transmisión por herdanza. 1992 - O presidente Felipe González, José María Aznar e José María Benegas asinan o pacto autonómico. 1994 - Dous cazas estadounidenses abaten catro avións serbios sobre o espazo de exclusión aérea de Bosnia e Hercegovina, na primeira misión militar da OTAN. 1995 - México: Aprobado o documento "Iniciativa da lei para o diálogo, a conciliación e a paz digna en Chiapas". 1996 - Morren 29 persoas e outras 18 resultan feridas nun accidente ocorrido na N-323, no termo municipal de Bailén (Provincia de Xaén), ao chocaren frontalmente un coche e un autocar. 1997 - O foguete europeo Ariane pon en órbita o satélite INTELSAT-801. 2002 - Desaparecen definitivamente as moedas nacionais de doce países da UE e o euro convértese na única divisa de curso legal. 2013 - Bieito XVI renuncia ao papado.
Nacementos miniatura|100px|Michel de Montaigne. 1533 - Michel de Montaigne, escritor francés. 1683 - René Antoine Ferchault de Réaumur, científico. 1810 - Nicolasa Añón, campesiña e poeta galega. 1882 - José Vasconcelos, pensador e político mexicano. 1888 - José Gutiérrez Solana, pintor. 1890 - Vatslav Nizhinskii, bailarín nado en Kíiv. 1893 - José Vicente Foix, poeta español. 1901 - Linus Carl Pauling, químico; primeiro Premio Nobel de Química (1954) e Paz (1962). 1912 - Antoñita Colomé, actriz e cantante española. 1920 - Pepita Embil, cantante de zarzuela e actriz española. 1921 - Antonio Ferrandis, actor español. 1931 - Abas Madani, político islamista alxeriano. 1940 - Mario Andretti, piloto de automóbil estadounidense. 1948 - Bernadette Peters, actriz. 1957 - Gonzalo Navaza, escritor galego. 1966 - Paulo Futre, futbolista portugués. 1971 - Xesús Fraga, escritor galego.
Mortes miniatura|100px|Henry James. 1159 - Sancha Raimúndez, infanta-raíña de Galiza. 1510 - Juan de la Cosa, navegante e cartógrafo español. 1869 - Alphonse de Lamartine, poeta e político francés. 1916 - Henry James, escritor estadounidense. 1917 - Pedro Bonifacio Palacios, poeta arxentino. 1925 - Friedrich Ebert, primeiro presidente da República de Weimar. 1930 - Juan Aberle, compositor salvadoreño. 1939 - Secundino Feijoo Méndez, empresario circense galego (n. 1870). 1941 - Afonso XIII, rei de España. 1962 - Julio Camba, escritor e xornalista galego (n. 1884). 1981 - Álvaro Cunqueiro, escritor e xornalista (n. 1911). 1986 - Olof Palme, primeiro ministro sueco. 1991 - Guillerme Manuel Ungo, político salvadoreño. 2004 - Carmen Laforet, escritora catalá. 2018 - Antonio García-Trevijano, avogado, político e escritor español (n. 1927).
Festas e celebracións Día do Kalevala (Finlandia) Día de Andalucía, en conmemoración de referendo de autonomía celebrado en tal día de 1980. Día Mundial das Enfermidades Raras
Outros Santoral: San Macario, Abercio, Rufino, Xusto, Teófilo, Cereal, Alercio, Púpulo, Caio e Serapión (Mártires); Proterio (Patrono e mártir); Barso e Ovaldo (Bispos); Román (Abade); Basilio (Monxe); Hilario (Papa).
Os 366 días do ano
Categoría:Febreiro