Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, cabeza da comarca de Ferrol, da que é a capital, e terceira concentración urbana de Galicia. Segundo o INE en 2024 tiña 64.218 habitantes. É a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia.

Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, con especial influencia do sector naval. Tamén existe unha importante actividade das Forzas Armadas, principalmente da Armada Española, que ten dende o século XVIII unha das súas principais bases navais e un Arsenal Militar. En 2025 o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática declarou a cidade de Ferrol como Lugar de Memoria Democrática.

O concello, situado nunha península, aséntase de cara á ría de Ferrol, aínda que tamén ten unha destacada fachada litoral cara ó océano Atlántico na zona rural. Esa fachada marítima acolle algunhas das máis afamadas praias, como as asentadas nas parroquias de Doniños, San Xurxo, Ponzos ou Covas. Limita por terra co concello de Narón.

Ademais da cidade, o termo municipal comprende once parroquias rurais e a vila da Graña, considerada como zona urbana para os efectos legais malia atoparse no arrabalde. O concello ten unha densidade de poboación de 852,17 hab./km² e unha superficie de 82,6 km².

Toponimia A denominación oficial recoñecida dende 1982 é Ferrol, ben documentada xa no século XV.Lope García de Salazar, Libro de las bienandanzas e fortunas, 1471 - 1476, libro XXV, ed. lit. Ana María Marín Sánchez, Universidade de Valencia, Parnaseo-Lemir. O emprego do artigo nas formas en castelán El Ferrol, con maiúscula, ou el Ferrol, en minúscula, reflíctese respectivamente no Diccionario de topónimos españoles y sus gentilicios, de Pancracio Celdrán, e no DRAE. Con todo, as formas con artigo (El Ferrol ou O Ferrol) non son correctas legalmente, malia documentarse en castelán no século XVII, por exemplo, no romance «Despuntado he mil agujas» de Luis de Góngora,Cfr. Luis de Góngora y Argote, «Despuntado he mil agujas» (romance), vv. 49-52. «A las armas, mozalbitos, / que un navío filipote / os espera en El Ferrol: / ¡plega a Dios que se derrote!», vv. 49-52 ou no texto impreso da Descripción de España y de las costas y puertos de sus reinos (1634) do xeógrafo real Pedro Texeira.Pedro Texeira, Descripción de España y de las costas y puertos de sus reinos, 1634, fol. 32v. y 33r., ed. de Felipe Pereda y Fernando Marías, El atlas del rey Planeta [Texto impreso], Hondarribia, Nerea, 2002. ISBN 978-84-89569-86-7. Cfr. especialmente para o porto e a vila de Ferrol a páx. 327. Durante a guerra civil española, en 1938 as autoridades franquistas decretaron o uso da denominación de El Ferrol del Caudillo, que se mantivo ata a década de 1980.

miniatura|180px|esquerda|Tapa de sumidoiro co nome de El Ferrol del C. (Caudillo) en 2013 Sobre a orixe do nome existe a lenda dun santo bretón chamado Ferreol, quen supostamente chegou ás costas de Ferrol nun barco entre un coro de sete sereas. Outra tradición di que Ferrol provén de farol, en alusión á figura heráldica que aparece no escudo de armas da cidade. Porén, isto non é posible, porque a orixe do escudo de Ferrol remóntase tan só ao século XVIII, así como diversas variantes empregadas ao longo do tempo. A composición heráldica non foi fixada de xeito oficial ata a década de 1990.

A hipótese máis probable sitúa a orixe de Ferrol na toponimia altomedieval a partir dun nome persoal, *Ferrolus, variante do latino Ferreolus ou derivado de Ferrus. Este procedemento de denominación foi moi frecuente na toponimia galega: formábase a partir do xenitivo, nunha secuencia do tipo villa *Ferroli. As referencias máis antigas son do século XI, coa mesma forma que ten na actualidade: Veyga de Ferrol (1085), "per terminos de sancto Juliano de Ferrol" (1087), "medietatem de mea villa de Ferrol" (1111), Ferrol (1212), "Petro Fernandit de Ferrol" (1222), "Petrus Martini, iudicem de Ferrol" (1226).

Xeografía Rochas na praia de Doniños|miniatura|esquerda|250px A cidade está orientada cara a ría homónima. O concello limita ó norte e oeste co océano Atlántico, ó sur coa ría e ó leste con Narón, como parte do Golfo Ártabro. Algunhas das súas parroquias sitúanse nunha zona xistosa no val de Trasancos, cun relevo de formas suaves. No concello hai espléndidos areais, como Doniños, San Xurxo, Covas ou Esmelle. O litoral de Doniños ten, amais, como particularidade morfolóxica a lagoa litoral. Na zona é común a práctica do surf e do bodyboard.

Climatoloxía Ferrol caracterízase por un clima oceánico, con choivas abundantes no outono e inverno, veráns pouco soleados e néboas costeiras no verán. <center> {|class="wikitable collapsible" align="center" style="font-size:90%;width:80%;border:0px;text-align:center;line-height:120%" ! colspan= "14" style="background: #DDDDDD;" | 17px Estación de Monteventoso |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="17" | Mes ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xan ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Feb ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Mar ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Abr ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Mai ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xuñ ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xul ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Ago ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Set ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Out ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Nov ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Dec ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Ano |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="16;" | Temperatura máxima media (°C) | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 11,3 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 11,0 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 13,3 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 14,1 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 16,1 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 18,9 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 20,6 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 20,8 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 19,6 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 17,5 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 13,7 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 11,7 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | 15,7 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="16;" | Temperatura media (°C) | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 9,3 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 8,8 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 10,7 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 11,4 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 13,3 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 16,0 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 17,8 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 18,1 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 17,1 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 15,2 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 11,7 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 9,8 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | 13,3 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="16;" | Temperatura mínima media (°C) | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 7,2 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 6,6 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 8,1 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 8,7 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 10,6 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 13,2 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 15,0 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 15,4 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 14,7 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 13,0 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 9,6 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 7,8 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | 10,8 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" | Precipitacións (mm) | style="background: #4169E1;" | 115 | style="background: #6495ED;" | 93 | style="background: #4169E1;" | 113 | style="background: #6495ED;" | 62 | style="background: #6495ED;" | 78 | style="background: #6495ED;" | 61 | style="background: #87CEEB;" | 26 | style="background: #87CEEB;" | 45 | style="background: #6495ED;" | 74 | style="background: #6495ED;" | 86 | style="background: #4169E1;" | 102 | style="background: #4169E1;" | 115 | style="background: #FFFFFF;" | 970 |- | colspan="14" style="text-align:center;font-size:90%;"|Fonte: Ferrol.gal |} </center>

Demografía O concello tiña o 1 de xaneiro de 2021 64.785 habitantes (o sétimo de Galicia máis habitado e a máis avellentada das sete cidades). Engadindo as poboacións da comarca a poboación ascende a uns 154.000 habitantes.

+ Evolución da poboación de Ferrol 1857 1877 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 18.669 23.848 25.701 25.281 26.331 30.350 35.563 59.829 77.030 74.766 <small> Fonte: Censo poboacional (INE Arquivo) / INEbase

+ Evolución da poboación de Ferrol 1970 1981 1996 2000 2005 2010 2015 2020 2023 2024 87.736 87.691 83.048 81.255 77.155 73.638 69.45265.56063.89064.218 <small> Fonte: Censo poboacional (INE Arquivo) / INEbase

Histograma da evolución de poboación de Ferrol desde 1877. (Fonte: Censos de población INE )

Pirámide de poboación de Ferrol no ano 2017. (Fonte: Censos de población INE ).)

Historia A Terra de Trasancos estivo poboada dende antes da romanización. No actual concello de Ferrol hai catalogadas 64 mámoas, principalmente nos Montes de Brión e de Mougá. Son 39 mámoas nos montes de Brión, 20 nos de Mougá e 4 en LeixaGrupo de arqueoloxía da terra de Trasancos. Túmulos prehistóricos do Concello de Ferrol. Anuario Brigantino, 1997 páxinas 11 a 22. No concello hai, amais, varios castros:EXCMO. CONCELLO DE FERROL Revisión y adaptación del plan general de ordenación municipal. Catálogo de bienes protegidos. Xunta de Galicia

Castro dos Castros Castro de Santa Icía Castro de Vilela Castro dos Gafos Castro da Croa de Leixa Castro de Vilasanche Castro da Croa de Fontá Castro de Canido </td><td valign=top> Castro de Lobadiz Castro de Tralocastro Castro de Papoi Castro de Santa Mariña Castro de Pico de Ouro (desaparecido) Castro de Ferrol (Ferrol Vello) Castro de Santa Comba Castro de Arbosa

Da época romana, en Covas, consérvase a explotación aurífera de Covarradeiras.Catálogo xeral Ferrol

Na Idade Media a cidade de Ferrol gozou dalgúns foros e privilexios ata comezar a pertencer á xurisdición da casa de Andrade.

Ferrol desempeñou un papel importante na historia de Galicia e España e nas que foron as súas posesións de ultramar, ao tratarse do porto militar máis importante da península durante séculos. En Ferrol sucedéronse numerosas batallas navais e mesmo algún desembarco promovido polos exércitos ingleses que ansiaban capturar o que consideraban "o mellor porto natural da costa atlántica de Europa" e un enclave estratéxico en España. esquerda|miniatura|castelo de San Filipe. A referencia máis antiga que se coñece da área de Ferrol data do século I, no que o historiador romano Pomponio Mela, ao describir o Magnus Portus Artabrorum, denomínao Adobrica. Con todo, hai quen afirma que a fundaron os normandos cara ao século X. No século XI aparece por primeira vez o nome de Sancto Iuliano de Ferrol nun documento histórico.

O castelo de San Filipe foi construído na boca da ría en 1577 para defender o porto de Ferrol. Dende este partía unha cadea que, en caso de incursión naval, era levantada para impedir o paso dos navíos hostís. En 1588, debido a un temporal, parte das naves que formaban a Armada Invencible de Filipe II buscou refuxio na ría de Ferrol. Durante o ataque de Francis Drake á cidade da Coruña en 1589, Ferrol serviu como porto de abrigo e reparación á frota marítima. En 1594 a armada inglesa intentou apoderarse de Ferrol. miniatura|A vila de Ferrol en 1732.