miniatura|250px|Paisaje con gallega (1891), cadro de Serafín Avendaño. A moza viste un dengue.O dengue é unha peza de vestir que forma parte da indumentaria tradicional galega. Está formado por un anaco de tea que ten forma de aspa, de tal forma que ao colocarse sobre o torso, cruza o peito e os seus extremos átanse nas costas.dengue, 1ª acep., no dicionario da RAG.
Características miniatura|Asturiana, de Joaquín Sorolla, lenzo no que pode observarse o dengue.Pode ser liso, ou estar ricamente bordado e adornado, por exemplo con flores bordadas e aplicacións de abelorios multicolores ou prateados, dependendo da tradición da localidade concreta. Era unha peza de roupa feminina tradicional no noroeste da Península Ibérica, en Galicia, Asturias e parte de León. Nalgúns lugares substitúese por un pano que vai atado ás costas.Traje típico de Castilla y LeónIndumentarias y trajes regionales asturianos. Consultado el 3 de febreiro de 2016Mª Felisa Santoveña Zapatero: Vestidos de Asturianos, 100 años de fotografía e indumentaria en Asturias. Departamento de Historia, Universidad de Oviedo. Consultado el 3 de xaneiro de 2016.
Posibelmente a orixe desta peza débese á necesidade de abrigar o peito, sen utilizar os pesados e incómodos mantóns de pano propios dos días máis fríos do inverno.Trajes Típicos del País Leonés. Consultado o 3 de febreiro de 2016.Enrique Borobio Crespo: La indumentaria tradicional en los inventarios de bienes.Revista de Soria, nº 56, primavera 2007.
A forma do dengue despregado é parecida a un segmento de círculo cos extremos alongados. Está ben cortado se se pode colocar sobre os ombros, cruzado no peito por diante e coas puntas nas costas, á altura da cintura. Xeralmente se coloca poñendo un imperdíbel no cruzamento do peito e outro unindo os dous extremos nas costas,La indumentaria tradicional de Asturias . Consultado o 3 de febreiro de 2016. ou cun broche de prata ou outro metal.dengue no Dicionario da vestimenta tradicional galega. Consultado o 3 de febreiro de 2016.
Pénsase que era unha peza de roupa que simbolizaba o casamento. Era habitual que as mulleres fosen soterradas co el posto, xa que casadas en vida debían continuar casadas na morte. Este é un dos motivos polos que, comparando con outras prendas, foron conservados poucos nas casas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Albán Laxe, C. (2003): O saber do pobo: Enciclopedia do traxe, danza e música tradicionais. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-235-4. Fraguas Fraguas, A. (1985): El traje gallego. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. González Pérez, C. (2005): Historia do traxe galego. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-4196-0. Rodríguez Pérez, I. & Pérez Arias, C. (1992): "A vestimenta na Galicia de entreséculos". En: Acuña, X. E. & Cabo, X. L. As imaxes do traxe en Galicia. Vigo: Ir Indo, pp. 7–13.
Outros artigos Traxe galego
Categoría:Vestimenta Categoría:Folclore