Euskadi Ta Askatasuna (País Vasco e Liberdade), máis coñecida como ETA, foi unha organización armada terrorista de Euskal Herria. Buscaba conseguir a creación dun estado vasco a partir da independencia e unión dos diferentes territorios vascos que forman parte do Estado español e do francés.

Era oficialmente considerada como organización terrorista por España, FranciaLista francesa de organizacións terroristas, no anexo do capítulo XIV., o Reino Unido, a Unión Europea, os Estados Unidos de América, o Canadá, o Consello de Europa e a ONU.http://www.unhchr.ch/tbs/doc.nsf/0/efbe8464057e1769c1256d32004c9591?Opendocument Ten sido criticada por Amnistía Internacional polo uso de métodos violentos como o asasinato e o secuestro , ademais da extorsión a empresarios para obter o chamado «imposto revolucionario», unha das súas fontes de financiamento. Os seus atentados causaron un total de 828 vítimas mortais até o 30 de xullo de 2009.

Os seus obxectivos foron evolucionando co tempo. Nos últimos tempos, declaraban que o seu fin era o recoñecemento por parte dos Estados español e francés do dereito de autodeterminación de Euskal Herria para poderen estabelecer un estado socialista vasco independente.

O 20 de outubro de 2011, ETA emitiu un comunicado no que anunciou o cesamento definitivo da actividade armada."ETA anuncia que deja el terrorismo", La Voz de Galicia 21.10.2011. O 16 de abril de 2018 emitiu unha carta na que anunciaba a disolución definitiva de todas as súas estruturas.

Obxectivos miniatura|Mapa de Euskal Herria A meta de ETA, establecida en 1995 na Alternativa Democrática, é conseguir unha negociación co Estado español para chegar ás seguintes condicións:EUSKAL HERRIARENTZAKO ALTERNATIBA DEMOKRATIKOA (Berria, texto orixinal en éuscaro) O recoñecemento do dereito de autodeterminación para Euskadi e Navarra, tamén coñecida como Hegoalde (literalmente, parte sur). Que a cidadanía vasca é a única que pode tomar decisións sobre o futuro do País Vasco. A amnistía para todas e todos os militantes en prisión ou no exilio. O respecto para os resultados do proceso democrático no País Vasco. O total alto ao fogo unha vez estes puntos estean garantidos por un acordo político.

Antes desta data, ETA basicamente apoiaba a Alternativa KAS de 1976, unha plataforma proposta por Coordinación Patriótica Socialista (KAS no seu acrónimo en éuscaro), que tiña pequenas variacións segundo as versións, mais que basicamente era o seguinte:Alternativa KAS (Documento de Microsoft Word en EHU.es; version en cacheManifiesto de Euskadi Ta Askatasuna a Euskal Herria(en Elkarri.org), Liberdades democráticas. Liberdade para as presas e os presos políticos de ETA. Disolución (ou retirada) das forzas de seguridade do Estado do País Vasco. Legalización de tódolos partidos políticos. Mellora das condicións de vida para a clase traballadora. Recoñecemento da soberanía nacional para o País Vasco. Organización dun réxime provisional de maior autonomía para Hegoalde.

A organización ten adoptado de cando en vez outras causas tácticas secundarias como a loita contra: O tráfico de drogas como corrupción da xuventude vasca e a policía colaboradora. A central nuclear proxectada en Lemoiz (Biscaia), xamais finalizada e agora desmantelada. A autoestrada de Leizara. A construción de liñas de tren de alta velocidade en Euskadi (o "Y" vasco).

Denominación Os integrantes de ETA adoitan ser chamados «etarras», un neoloxismo creado pola prensa española a partir do nome da organización e o sufixo vasco co que se forman os xentilicios nese idioma. Nun primeiro momento, chamóuselles «etistas». En vasco, a denominación é etakideak, plural de etakide («membro de ETA»). Os membros e partidarios da organización frecuentemente utilizan así mesmo o termo «gudaris» (gudariak en éuscaro), que significa guerreiros ou soldados.

Historia Durante a ditadura franquista Orixes En 1952 organízase un grupo de estudo universitario co nome Ekin (emprender en éuscaro) en Bilbao. A partir de 1953, o grupo toma contacto coa organización xuvenil do PNV, Euzko Gaztedi (EGI), e ambas asociacións se fusionan en 1956. En 1958 comezan a albiscarse tensións no seo da asociación que levan á escisión de ambos grupos. EKIN convértese en ETA o 31 de xullo de 1959, deslígase así do PNV e adopta unha ideoloxía marxista-leninista. Deseña, ademais, unha estratexia de «acción directa» para actuar como un movemento de resistencia vasco, nunha época en que abundaban as loitas de liberación nacional, como a descolonización de Alxeria. O seu ideario, plasmado na súa primeira asemblea, celebrada no mosteiro beneditino de Belloc (Francia) en maio de 1962, baseábase en:

O rexeneracionismo histórico, considerando a historia vasca como un proceso de construción nacional. O que define a nacionalidade vasca é o éuscaro, en contraposición á etnia, como defendía o PNV. Defínense como aconfesionais e rexeitan a xerarquía da Igrexa, aínda que empregan a súa doutrina para a elaboración do seu programa social. O socialismo. A independencia de Euskadi, compatíbel co federalismo europeo.

Primeiras asembleas e primeiros atentados Os elementos esquerdistas, que afastan a ETA da tradición conservadora e católica do PNV, quedan máis definidos a partir da II Asemblea, na que se constatan afinidades entre o ideario de ETA e o comunismo. Esta asemblea celebrouse en Baiona na primavera de 1963.

Na III Asemblea, aproximadamente entre abril e maio de 1964, tomouse a decisión de que a loita armada era o mellor modo de acadar os fins propostos. O relatorio publicouse máis tarde co título "A insurrección en Euskadi". Nesta asemblea, ademais decidiuse unanimemente a ruptura co PNV, cuxo labor ETA consideraba «contrario ós intereses da liberación nacional». A influencia do pensamento de Federico Krutwig deixou en segundo plano os membros máis moderados da dirección.

Resulta difícil precisar cal foi o primeiro atentado de ETA, xa que a autoría dos primeiros que se lle atribúen non está clara. Hai fontes que sinalan que o primeiro foi o asasinato da nena de 22 meses Begoña Urroz Ibarrola o 27 de xuño de 1960, a causa da colocación dunha bomba en Donostia, e outras que foi un intento marrado de descarrilar un tren de veteranos de guerra en 1961. En calquera caso, o primeiro ataque reivindicado foi a morte do garda civil José Pardines Arcay o 7 de xuño de 1968. Onde si semella haber máis unanimidade é en que foi en 1968 cando cometeron o seu primeiro atentado de gran repercusión: o asasinato de Melitón Manzanas, xefe da policía secreta de Donostia e torturador franquista. En 1970, varios membros de ETA son xulgados e condenados a morte no proceso de Burgos, mais a presión internacional fai que se conmute a pena, que xa fora aplicada a outros membros de ETA con anterioridade. O atentado de maior repercusión durante a ditadura foi en decembro de 1973, cando asasinaron ó almirante e presidente de goberno Luis Carrero Blanco en Madrid, acción aplaudida por moitas políticas e políticos dende o exilio e ETA convértese nunha referencia para boa parte da esquerda española.

IV Asemblea: as tres correntes A partir da IV Asemblea aparecen algunhas das liñas de fractura que dividirán aos membros da organización e que se farán máis claras en asembleas sucesivas, dando lugar a varias escisións. Dun xeito simplificado, por unha parte hai unha tensión ideolóxica entre quen dan prioridade aos aspectos nacionais da actividade de ETA e, por outra banda, quen privilexia a implicación nas loitas obreiras que sacoden a toda España neses anos. Alén disto, discútese sobre os graos de importancia que deben ter na actuación da organización as loitas netamente políticas dun lado e a actividade armada doutro. Na IV Asemblea, que se iniciou en agosto de 1965 en Guipúscoa, na Casa de Exercicios Espirituais dos xesuítas de Loiola (Azpeitia) e continuou nunha cabana das campas de Urbía, lugar próximo ó Santuario de Arantzazu, ao seren sorprendidos algúns delegados do exilio de camiño á primeira sede, marcáronse tres tendencias:

A «culturalista» ou «etnolingüista», representada por José Luis Álvarez Enparantza, Txillardegi, o sector máis nacionalista. A «obreirista», representada por Patxi Iturrioz. A «tercermundista», representada por Zalbide, partidario de establecer un vínculo entre a loita pola independencia vasca e as loitas de liberación nacional que se estaban dando en varios países fronte ás potencias coloniais.

Nesta asemblea aprobouse definitivamente o uso da violencia armada como unha das formas de acción habituais da organización baixo o principio de acción-represión-acción. Tamén se aprobou o emprego da violencia para conseguir fondos económicos. O primeiro atraco a man armada tivo lugar en Bergara (Guipúscoa) o 24 de setembro de 1965.

V Asemblea: ETA Berri e ETA Zaharra A V Asemblea dá lugar á primeira escisión. Realizouse en dúas fases, a primeira en decembro de 1966 na casa parroquial de Gaztelu (Guipúscoa). A segunda celebrouse en marzo de 1967 na casa de exercicios espirituais da Compañía de Xesús de Getaria (Guipúscoa). Na asemblea estouparon as diverxencias entre a corrente obreirista e os dous sectores nacionalistas formados na IV Asemblea. A corrente obreirista, sinalada como «españolista» por pretender dar prioridade á alianza con grupos de esquerdas do Estado español, escindiuse nunha organización que chamaron ETA Berri (Nova ETA). Os outros dous sectores quedaron encadrados na chamada ETA Zaharra (Vella ETA), que pronto volvería ser simplemente ETA. ETA Berri contribuíu a crear e acabou por disolverse nun partido político de ámbito español chamado Movemento Comunista (MC). En ETA Zaharra, o sector terceiromundista acurrunchou e apartou do poder ó sector culturalista de Txillardegi, que formou un grupo interno chamado Branka. Na V Asemblea decídese tamén a creación das catro frontes ou grupos de traballo interno que manterá a organización ó longo dos anos: político, militar, económico e cultural.

VI Asemblea: ETA-V e ETA-VI Na VI Asemblea, celebrada no verán de 1970 en Baiona, rexorden con forza as tensións, esta vez entre militaristas (partidarios da preeminencia da actividade terrorista), e un sector chamado outra vez «obreirista», que avoga pola supeditación da loita armada á loita política realizada en alianza coas organizacións obreiras. Este último sector é maioritario durante a celebración da asemblea, e a súa decisión de limitar a actividade armada fai que o sector militarista se negue a aceptar as resolucións da asemblea, creando unha escisión que chamarán ETA V Asamblea Askatasuna ala hil (Liberdade ou morte) ou ETA-V. O sector maioritario emprega a denominación ETA VI Asamblea Iraultza ala hil (Revolución ou morte) ou, abreviadamente, ETA-VI. Porén, ETA-V logra facerse co control da organización, na que se integra un sector de EGI, as xuventudes do PNV, partidario da loita armada. ETA-VI, pola súa banda, divídese en dous grupos; o maioritario, que aproba en 1973 integrarse na Liga Comunista Revolucionaria (LCR, partido de ámbito español que moitos anos despois se unificará co MC; e o minoritario, que se disolverá ó integrarse os seus membros noutras organizacións como a Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) e o PCE, ou incluso na propia ETA-V (novamente ETA a secas).

A segunda VI Asemblea: ETA militar e ETA político-militar