Santa María de Salceda é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Salceda de Caselas na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.798 habitantes (1.418 homes e 1.380 mulleres), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.978 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 4.853 habitantes, sendo 2.462 homes e 2.391 mulleres.
Patrimonio Na parroquia está situado o pazo de Aballe.
División eclesiástica Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Louriña, na diocese de Tui-Vigo.
Lugares e parroquias Lugares de Santa María de Salceda
Parroquias de Salceda de Caselas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Salceda de Caselas Ligazóns externas Santa María de Salceda na páxina da Diocese de Tui-Vigo.
Categoría:Parroquias de Salceda de Caselas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María