San Mamede do Castro é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 105 habitantes (49 homes e 56 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 118 habitantes.

Nesta parroquia atópase o asentamento castrexo da Copa do Castro, ao pé do cal está a igrexa de San Mamede, así como a Estación de Silleda.

Toponimia A orixe do topónimo é o latín , que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares do Castro

Parroquias de Silleda

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Silleda Ligazóns externas Ficha do Castro na web municipal de turismo

Categoría:Parroquias de Silleda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía