250px|miniatura|Vista da Deportienda do estadio de Riazor. A Deportienda é a tenda oficial do Deportivo da Coruña, onde se venden os seus produtos oficiais. Actualmente hai tres tendas, na cidade da Coruña, ademais da tenda en liña.
Historia O 5 de maio de 2000 estreouse a páxina web da Deportienda, dende a que se podían comprar os seus produtos de maneira online.
A primeira Deportienda inaugurouse o 7 de agosto de 2001 nos novos locais comerciais resultantes das obras de ampliación na bancada de Tribuna do Estadio Municipal de Riazor. Accédese a ela dende a rúa de Manuel Murguía, na cidade da Coruña.
O 21 de agosto de 2014 inaugurouse a segunda tenda, no centro comercial Marineda City, tamén na cidade da Coruña. Ten unha superficie de máis de 100 metros cadrados.
O 31 de maio de 2019 o club abriu a súa terceira tenda, na céntrica rúa Real da Coruña, dun tamaño menor que as outras dúas tendas oficiais.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Deportienda
Categoría:Deportivo da Coruña