200px|miniatura|Alonso de Ojeda. A conquista española de Nova Granda ou conquista das nacións chibchas refírese ó período de conquista levado a cabo polo Imperio Español das nacións chibchas, principalmente os muiscas e os taironas que habitaban a actual Colombia, comezando o proceso da colonización española de América.Tairona Heritage Trust: Tairona history to the time of the Spanish Invasion Tairona Heritage Trust Consultado o 21 de agosto de 2007. Estímase que ao redor de 5,25 millóns de persoas morreron como consecuencia da conquista española, xa sexa por enfermidade ou por conflito directo. Isto representa o 87,5% das poboación precolombiana de Colombia.Jaime Jaramillo Uribe (1989). Ensayos de historia social: La sociedad neogranadina. Santa Fe de Bogotá: Tercer Mundo, pp. 87. ISBN 978-9-58601-236-2.

Período precolombiano

Os primeiros habitantes da actual Colombia foron membros de pobos procedentes de Mesoamérica que se estabeleceron na rexión no -1200, seguido por dúas ondas migratorias, a primeira no -500 e a terceira entre o -400 e o -300. Posteriormente, os arauacos orixinarios do sur (no río Orinoco) tamén se estabeleceron na zona, seguidos polos caribes que se asentaron nas terras baixas e desprazaron ós mesoamericanos ás montañas. As áreas meridionais da actual Colombia formaban parte do Imperio Inca.All Empires: Central Andes Allempires.info Consultado o 22 de agosto de 2007.

Existiron dúas tribos desenvolvidas social e economicamente na era da chegada dos españois: os muiscas, e os taironas. Ámbolos dous pobos formaban parte das nacións chibchas.

No século XVI, os chibchas, estaban divididos en dous grupos principais: os muiscas, asentados nas chairas de Cundinamarca e Boyacá, e os tairona, asentados na zona norte de Serra Nevada de Santa Marta no actual departamento de La Guajira.

Chegada dos españois dereita|miniatura|260px|Rutas da conquista española             Alonso de Ojeda (1499-1501)             Vasco Núñez de Balboa (1513)             Pedro Arias Dávila (1513-1519)             Pascual de Andagoya, Diego de Almagro e Francisco Pizarro (1515-1529)             Pedro de Heredia e os seus tenentes (1532-1538)             Sebastián de Belalcázar (1533-1539)             Tenentes de Sebastián de Belalcázar (1533-1539)             Gonzalo Jiménez de Quesada (1536-1538)             Nicolás de Federmán (1537-1539) O primeiro español que navegou as costas do que hoxe é Colombia foi Alonso de Ojeda en 1499,Biografía de Alonso de Ojeda. (consultado o 6 de outubro de 2011) que lideraba unha expedición polas costas da península de La Guajira no cabo de la Vela, entre cuxa tripulación se atopaba Juan de la Cosa, mais nunca desembarcaron. En 1502, Juan de la Cosa organizou a súa propia expedición e volveu a La Guajira.http://www.fac.mil.co/index.php?idcategoria=11564&PHPSESSID=67bc89b67fbff609069aee1db

En 1502, na outra costa da actual Colombia preto do Golfo de Urabá, os exploradores españois liderados por Vasco Núñez de Balboa conquistaron a área preto do río Atrato. Alí fundaron Santa María la Antigua del Darién (c. 1509) e a vila de San Sebastian de Urabá (c. 1508-1510), os dous primeiros asentamentos europeos na América continental.

O 29 de xullo de 1525, foi fundada a cidade de Santa Marta na costa norte de Colombia polo conquistador Rodrigo de Bastidas. En 1536, Gonzalo Jiménez de Quesada liderou unha expedición con 600 soldados e 85 cabalos, deixando atrás Santa Marta e chegando a territorio muisca ese mesmo ano.

Entre as vilas de Suesca e Nemocón, a expedición de De Quesada enfrontouse á primeira resistencia activa muisca: o zipa muisca Tisquesusa realizou un esforzo errado de acabar cos invasores, que deron a primeira mostra da súa superioridade militar.

Posteriormente, De Quesada foi asediado sen descanso na sabana de Bogotá polas forzas de Tisquesusa, mais conseguiu sacar proveito das rivalidades entre os varios xefes indíxenas para ir enfraquecendo o poder do zipa de Bacatá. Os xefes de Chía e Suba foron dos primeiros en someterse e colaborar cos españois, mentres que os homes de Tisquesusa sufrían derrota tras derrota e non conseguiron opoñerse ós españois, que contaban con cabalos, cans e armas de metal, en troques das armas de madeira primitivas: lanzas, mazas e dardos. Tisquesusa continuou a asediar e atacar os españois, mais morreu nalgunha contenda escura, a finais de 1537, sen que os españois o soupesen e sen que coñecesen o seu tesouro.

O sucesor de Tisquesusa, o seu sobriño Zaquesazipa (Saquesazipa) someteuse axiña ós españois, mais as relacións entre os españois e Zaquesazipa non tardaron moito en deteriorarse. Querendo facerse co tesouro do zipa, os españois apreixoaron a Zaquesazipa e levárono a xuízo, acusándoo de rebelión contra os españois e de non revelar a localización onde o tesouro estaba agochado.

Tundama foi outro xefe que apareceu listo para loitar contra os invasores. Este belicoso líder chamou ós seus soldados e pediu a asistencia de caciques veciños de Serinza, polo que cando chegou De Quesada, atopou as máis ordenadas e marciais forzas militares dos muiscas, dispostos en diferentes faccións e adornados con plumas de diferentes cores. Na batalla, chamada Bonsa, as forzas indíxenas opuxeron unha resistencia desesperada. O xeneral español De Quesada estivo en perigo de perder a vida cando caeu do cabalo no medio dos inimigos, pero as filas indias rompéronse e os españois acadaron a vitoria nos pantanos de Bonsa.

Finalmente, o 6 de agosto de 1538, a cidade de Bogotá (chamada orixinalmente Santa Fé de Bogotá) foi fundada sobre a capital orixinal dos muiscas, Bacatá.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Conquistadores españois Bibliografía Academia Colombiana de Historia (1986), Historia extensa de Colombia (41 volumes). Bogotá: Ediciones Lerner, 1965-1986. ISBN 978-958-95013-3-8 (Obra completa) Barrios, Luis (1984), Historia de Colombia. Quinta edición, Bogotá: Editorial Cultural Cieza de León, Pedro de. Crónica del Perú, primera parte [Sevilla, 1553]. Ed. Franklin Pease GY. & Miguel Maticorena E. Lima: Terceira edición. Pontificia Universidad Católica/Academia Nacional de la Historia, 1995. Forero, Manuel José (1946), Historia analítica de Colombia desde los orígenes de la independencia nacional. Segunda edición, Bogotá: Librería Voluntad. Granados, Rafael María (1978), Historia general de Colombia: prehistoria, conquista, colonia, independencia y República. Oitava edición, Bogotá: Imprenta Departamental Antonio Nariño. Hernández Rodríguez, Guillermo (1949), De los Chibchas a la colonia y a la república. Bogotá: Universidad Nacional de Colombia. Sección de Extensión Cultural.

Categoría:Historia de Colombia Categoría:Pobo muisca