miniatura|240px|Ollo dunha lura que mostra a córnea e a falta da pálpebra secundaria. A dos miopsinos (Myopsina) é, para algúns autores, unha suborde de moluscos cefalópodos coleoideos decabraquios da orde dos téutidos.Myopsina Orbigny, 1841 no ITIS.

A suborde comprende dúas familias, a dos australitéutidos (Australiteuthidae), monotípica, e a dos lolixínidos (Loliginidae), que comprende unhas 50 especies moi diversas e das que moitas son comercialmente moi importantes.

Porén outros taxonomistas, como os do WoRMS, consideran este grupo como unha orde da orde dos decapodiformes (a dos miópsidos), debido a que se demostrou que Teuthida é un nomen dubium, que inclúe [Myopsida + Oegopsida], pero non está demostrado que formen un clado.Teuthida Naef, 1916 no WoRMS.

Características Un bo número de características morfolóxicas distingue aos membros dos miopsinos dos dos seu grupo irmán, os egopsinos. Algunhas das diferenzas máis obvias encóntranse na estrutura dos ollos: nos dos miópsidos falta unha pálpebra secundaria e, en cambio, están cubertos por unha membrana córnea transparente, a abertura da cal se reduce a un microscópico poro anterior na maioría das especies. Os seus brazos ou tentáculos presentan ventosas simples (non teñen ganchos), e con ventosas adicionais xeralmente situadas nos lóbulos bucais. A porción anterior dos tentáculos carece dun aparato de peche e presentan unha bolsa tentacular na cabeza. O embude non ten músculos adutores laterais. Presentan unha cuncha interna en forma de pluma ou espada, ben desenvolvida, que está situada dorsalmente no manto e se estende por case toda a súa lonxitude. En contraste cos egópsidos, as femias posúen glándulas nidamentais accesorias ademais das principais; porén, carecen do oviduto dereito.Jereb, P. & C. F. E. Roper (2010): "Squids". En: P. Jereb & C. F. E. Roper (eds.) Cephalopods of the world. An annotated and illustrated catalogue of species known to date. Volume 2. Myopsid and Oegopsid Squids. FAO Species Catalogue for Fishery Purposes No. 4, Vol. 2. FAO, Roma. pp. 34–35.Vecchione, M. & R. E. Young (2008): Myopsida Naef, 1916 . Tree of Life Web Project.

Os miopsinos habitan en augas costeiras de todo o mundo. Son demersais e xeralmente aliméntanse no fondo ou preto del.

O tamaño dos adultos oscilan entre os menos de 2 cm de lonxitude do manto das luras ananas dos xéneros Australiteuthis e Pickfordiateuthis, até os máis de 90 cm que pode medir Loligo forbesii.

Taxonomía Descrición A suborde foi descrita en 1845 (como orde) polo naturalista francés Alcide d'Orbigny.

Etimoloxía O termo Myopsina está formado polos elementos do latín científico my-, tirado do grego antigo μύειν mýein, 'pechar os ollos'; -ops, derivado do grego antigo ὅψις ópsis, 'ollo', e o sufixo do latín científico -ina. Literalmente: 'os que pechan os ollos', aludindo á carencia de pálpebra secundaria.myopsid no Oxford Dictionary.

Familias A suborde dos Myopsina comprende as dúas familias seguintes:Myopsida no WoRMS. Familia Australiteuthidae C. C. Lu, 2005 Familia ''Loliginidae Lesueur, 1821

Notas

Categoría:Cefalópodos