Ramón Ríos Sordo, nado en Ferrol cara a 1900 e finado na mesma cidade o 17 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Maquinista naval retirado, veciño de Mugardos. Masón, militante do Partido Republicano Radical Socialista e despois de Izquierda Republicana, foi tenente de alcalde de Mugardos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e asasinado en Ferrol o 17 de agosto de 1936 con outros 14 compañeiros presos que sacaron do buque prisión Plus Ultra e do Presidio da Escollera.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Concelleiros de Mugardos Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia

Categoría:Masóns de Galicia Categoría:Finados en 1936

Categoría:Nados en 1900