A Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela (OUSC), creada no curso 2010-2011 co nome de Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela, e unha orquestra de cámara que naceu co obxectivo de impulsar nos universitarios e, por extensión, na cidadanía de Compostela, un proxecto educativo e cultural no que o eixo fundamental é a música. O seu director, desde a data da súa fundación, é o mestre Mario Diz.La orquesta de Cámara de la USC repasa sus cinco años en un disco. La Voz de Galicia, 08/12/2016.

Historia Creada pola Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, o grupo que conforma a Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela (uns 60 integrantes) procura de maneira prioritaria a formación musical dos seus membros que, semana tras semana, adquiren un maior compromiso co estudo e a difusión dos valores da música. Para este fin, conta con e agradece todo tipo de colaboracións, que se van plasmando de xeito diverso en cada proxecto.Orquestra da USC USC.

Desde o 2010 a Orquestra da Universidade afondou en proxectos tan ilusionantes como o aniversario de Debussy co Concerto de Harpa e Orquestra de dito autor, interpretado pola solista Reyes Gómez especialmente convidada para este evento, o Concerto de Violonchelo en Re maior de Haydn, interpretado por Carlos G. Amigo, o monográfico sobre Astor Piazzolla, o monográfico sobre a música galega no que o solista Gregori Nedobora interpretou o 1º Concerto dans le Style Antique, para violín, do compositor e violinista galego Manuel Quiroga. Na temporada 2014-15 interpretou xunto ao coro vigués Gli Apassionati un Magnificat de J. S. Bach e o Gloria de Vivaldi.

Para celebrar o seu quinto aniversario, en 2006, a orquestra publicou unha gravación conmemorativa, en dous CDs, baixo o título Un lustro de historia, noa que se recollen dezaoito obras gravadas en directo en diferentes concertos que ofreceu desde a súa posta en marcha no curso 2010-2011, entre elas varias obras do patrimonio cultural galego, como Camiño de Santiago, de Henrique Saavedra, que supón a única gravación con orquestra até o momento desta obra, o citado Concerto de violín de Manuel Quiroga e a Impresión nocturna, do coruñés Andrés Gaos.

En colaboración coa Aula de Teatro da Universidade de Santiago de CompostelaAula de Teatro USC. realizou unha versión do musical Sweeney Todd de Stephen Sondheim. Participou tamén nas Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela desde o seu inicio, xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia como unha das tres orquestras convidadas. Ao longo da sñua curta vida incorporáronse ao proxecto diversos profesores da orquestra da cidade, a Real Filharmonía de Galicia, así como profesores relevantes do ámbito musical galego.

Ao longo da súa traxectoria, pola orquestra pasaron máis de 200 estudiantes, ofrecendo 25 programas diferentes en máis dunha trintena de concertos, aos que asistiron máis de 3.200 espectadores.

A Orquestra da USC recentemente foi incluída na rede de Orquestras Universitarias Europeas, ENUO,European Network of University Orchestras . no que participan orquestras de máis de 28 nacionalidades de todaEuropa.

Dirección musical Dende a súa fundación en 2010 está baixo a batuta de Mario Diz.

Mario Diz, é un músico discípulo do mestre Antón García Abril, que desenvolve a súa carreira profesional ligada a diversos proxectos, ademais do xa mencionado. Exerce nos últimos anos unha intensa actividade compositiva para diferentes agrupacións profesionais e didácticas ademais de continuar a súa actividade como profesor de violín e viola na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.

Participantes Neste proxecto participan dous grupos de músicos: Grupo residente: Son membros da Comunidade Universitaria da USC con coñecementos previos de tocar algún instrumento pertencente á disposición instrumental da Orquestra do Espazo de Cámara da USC. Grupo interino: Son compoñentes de orquestra pero non son membros da Comunidade Universitaria da USC, son estudantes de música de centros oficiais e/ou escolas de música e superaron unha proba específica para ingresar na Orquestra do Espazo de Cámara da USC.

Acontecementos Espazo de Cámara ofrece concertos gratuítos e de asistencia libre ao longo do curso escolar. Aínda que o seu primeiro concerto tivo lugar a mediados de abril de 2011, o primeiro concerto oficial desta formación tivo lugar o 17 de xuño de 2011, na igrexa da Universidade, co programa seguinte: Sinfonía “Ao Santo Sepolcro” Rv 169 - Antonio Vivaldi (Venecia 1678, Viena 1741) Concerto para cordas en Re Maior Rv121 - Antonio Vivaldi Seis Danzas Galegas, Suite. – Mario Diz

Premio de composición musical A Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela xunto coa Area de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, promoveu no 2017 o "I premio de Composición musical OUSC" a nivel nacional. As obras gañadoras ex aequo desta primeira edición foron: “Danza del Gato” KMV28 de Klaus Martínez Veiga “Inferno” de Sergio Rodríguez Pena “Auga en Movemento” de Juan Daniel Romero Pérez Sendo excelentísimo tribunal o compositor e mestre Fernando Buide del Real, o director Mario Diz e Pablo Sampedro Magán representante da Área de Cultura da USC.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

A orquestra da USC preséntase hoxe en Mazarelos

Categoría:Orquestras de Galicia Categoría:Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Música de Galicia sen imaxes