Loligo é un xénero de moluscos cefalópodos coleoideos decapodiformes miópsidos, o tipo da familia dos lolixínidos.Loligo Lamarck, 1798 no WoRMS. Consultada o 26-04-2016.
Segundo o World Register of Marine Species e outras autoridades, o xénero está formado por tan só tres especies de luras, amplamente distribuídas por diversos mares e que son obxecto de activa pesca debido á gran calidade da súa carne.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito por primeira vez en 1798 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck.
Porén, o nome fora xa utilizado antes (Schneider, 1784; Linnaeus, 1758) e quizais podería telo usado Plinio o Vello. A principios do século XIX este nome xenérico era de uso frecuente para designar ao grupo das luras propiamente ditas.
Etimoloxía Lamarck tirou o nome científico Loligo do latín lōlīgō (ou lōllīgō), -īnis, 'lura'.Loligo en Memidex.Loligo no Merriam-Webster Unabridged Dictionary.
Sinónimos Ademais de polo nome Loligo, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:
Segundo o WoRMS: Pteroteuthis Blainville, 1824
Segundo o ITIS:Loligo Lamarck, 1798 no ITIS. Alloteuthis Wülker, 1920 Acrololigo Grimpe, 1921 Acroteuthis Berry, 1913 Acruroteuthis Berry, 1920 Doryteuthis Naef, 1912 Pteroteuthis Ehrenberg, 1831
Subxéneros O ITIS considera, dentro do xénero, os seguintes tres subxéneros: Loligo (Alloteuthis) Wülker, 1920 Loligo (Doryteuthis) Naef, 1912 Loligo (Loligo) Lamarck, 1798
Especies Segundo as recentes clasificacións do WoRMS, o Tree of Life Web Projet,Vecchione, M. & R. E. Young. (2010): Loliginidae Lesueur, 1821 . The Tree of Life Web Project. e Vecchione et al.,Vecchione, M., E. Shea, S. Bussarawit, F. Anderson, D. Alexeyev, C.-C. Lu, T. Okutani, M. Roeleveld, C. Chotiyaputta, C. Roper, E. Jorgensen & N. Sukramongkol. (2005):Systematics of Indo-West Pacific loliginids. Phuket Marine Biological Center Research Bulletin 66: 23–26. recoñécense unicamente tres especies dentro do xénero: Loligo forbesii Steenstrup, 1857, a lura colorada.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 293. Loligo reynaudii d'Orbigny, 1835, a lura do Cabo. Loligo vulgaris Lamarck, 1798, a lura común, lura europea, ou lura propiamente dita.lura no dicionario da RAG.
Porén, outros autores recoñecen moitas máis especies. A xeito de exemplo, o ITIS considera as seguintes: Loligo bleekeri Keferstein, 1866 Loligo forbesii Steenstrup, 1856 Loligo gahi D'Orbigny, 1835, a lura da Patagonia. Loligo ocula Cohen, 1976 Loligo opalescens Berry, 1911, a lura de Monterrei. Loligo pealeii Lesueur, 1821, a lura de Boston.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 294. Loligo pickfordi (Adam, 1954) Loligo plei Blainville, 1823, a lura frecha. Loligo roperi Cohen, 1976 Loligo sanpaulensis Brakoniecki, 1984, a lura de São Paulo. Loligo surinamensis Voss, 1974 Loligo vietnamensis Nguyen, 1994
Taxonomía controvertida Toda a taxonomía dos moluscos está hoxe en contyroveris. Polo que respecta ao xénero que nos ocupa, a súa posición sistemática é a seguinte:
Para o WoRMS: Clase Cephalopoda Cuvier, 1795 Subclase Coleoidea Bather, 1888 Superorde Decapodiformes Young, Vecchione & Donovan, 1998 Orde Myopsida d'Orbigny, 1841 Familia LoliginidaeLesueur, 1821 Xénero Loligo Lamarck, 1798
Para o ITIS: Clase Cephalopoda Cuvier, 1797 Subclase Coleoidea Bather, 1888 Superorde Decabrachia Boettger, 1952 Orde Teuthida Naef, 1916 Suborde Myopsina d'Orbigny, 1841 Familia Loliginidae Lesueur, 1821 Xénero Loligo Lamarck, 1798
Como vemos, as principais diferenzas son as de consideraren o grupo dos Myopsida como orde (no canto de Teuthida), ou como suborde desta (Myopsina).
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3. D'Ancona, Humberto (1972): "Moluscos" en Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A., pp. 729–763. Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6. Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4. Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7. Ramonell, Rosa (1985): Guía de los mariscos de Galicia. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-506-3. Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-072-3. Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): "Mollusca (Moluscos)", en Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2, pp. 121–169. VV. AA. (1968): "Moluscos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados''. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 248–293.
Outros artigos Moluscos Cefalópodos Coleoideos Decapodiformes Téutidos
Ligazóns externas Loligo Lamarck, 1798 no ITIS. Loligo en Tree of Life. Loligo na ADW. Loligo na EOL.
Categoría:Cefalópodos Categoría:Produtos da pesca