Manuel Fernández Freijeiro, nado en Pontedeume cara 1870 e finado en Ferrol o 18 de decembro de 1936, foi un militar e político galego.
Traxectoria Militar Auxiliar de Intendencia retirado. Na República foi alcalde de Cedeira e volveu ser alcalde a partir de marzo de 1936. Durante a súa estancia en Ferrol foi directivo do Real Coro Toxos e Froles. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 interveu nos primeiros momentos pero púxose enfermo e tomaron a dirección o tenente de alcalde José Vergara López e José Bernabé Martínez, do comité de resistencia cedeirense, que proclamaron nun bando a declaración de Estado de Guerra. Detido, foi xulgado en Ferrol por rebelión militar e condenado a pena de morte. Executado en Ferrol no castelo de San Felipe o 18 de decembro de 1936 canda o seu fillo Ginés Fernández Rodríguez e outros republicanos cedeirenses.El Compostelano, 19-12-1936, p. 2.
Notas
Categoría:Alcaldes de Cedeira Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1870 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos