San Miguel de Pesegueiro é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. A parroquia está situada no val do Río Furnia, na parte noroccidental do concello. Limita ao norte con Malvas, ao leste con Randufe e Areas (as tres parte co concello de Tui) e ao sur e oeste co concello de Tomiño. miniatura|Mapa das parroquias de Tui
Demografía Segundo o padrón municipal de 2019 tiña 454 habitantes (258 mulleres e 254 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 521 habitante. Evolución da poboación de dende 187719992003 2007201120152019521512496483457454Fontes: Nomenclátor do IGE
Historia Nesta parroquia houbo durante a Idade Media un mosteiro beneditino que aparece citado na documentación histórica xa desde o século X. O topónimo da parroquia aparece na documentación medieval coma Persegario, Pesigario ou PersecarioMartínez Sigüenza, X. (2010). As parroquias de Tui –síntese histórica–. Revista de Estudios Provinciais Nº 19, Deputación de Pontevedra..
Patrimonio Posúe unha igrexa románica con engadidos posteriores, incluído a ábsida que data do século XVIII. No interior destacan unha enorme pía bautismal tamén románica e os retablos barrocos.
División eclesiástica Eclesiasticamente, pertence ao arciprestado de Tui-Entenza, na diocese de Tui-Vigo.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Pesegueiro
Parroquias de Tui
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lugares de Tui
Categoría:Parroquias de Tui Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel