miniatura|335px|A publicación das conclusións dun traballo científico é o que o converte en ciencia. Na imaxe, os Principia Mathematica de Isaac Newton.
Un texto científico, ou sexa, unha publicación científica ou comunicación científica, é un dos derradeiros pasos de calquera investigación científica, previo ao debate externo.
As publicacións científicas comezaron como cartas persoais entre os científicos, libros e publicacións periódicas (como anuarios ou revistas científicas). Actualmente a ferramenta máis avanzada é Internet, que xustamente naceu como un mecanismo para comunicar as fases das investigacións científicas entre científicos e militares situados en distintas partes do mundo. Se un achado científico é de gran transcendencia ou actualidade, tamén se utilizan os medios de difusión masiva e as roldas de prensa, aínda que se considera pouco respectable facelo antes de ser comunicado á comunidade científica.
Ademais do seu uso xenérico, adoita coñecerse especificamente como "comunicación" un tipo de texto científico, máis ou menos breve, orixinalmente concibido para a súa transmisión oral, especialmente o remitido a un congreso ou simposio para que estea ao dispor dos asistentes, dea lugar ou non a unha conferencia lida realmente nesa reunión. Moi habitualmente publícanse conxuntamente.
A ciencia como saber público A ciencia distínguese doutros saberes non científicos (como a alquimia, por exemplo) pola publicidade a que se obriga o científico con respecto ás conclusións do seu traballo. A pseudociencia, pola contra, baséase fundamentalmente na promoción e a publicación, pero sen control científico previo nin posterior. Non é de estrañar que entre os best-séller haxa máis pseudociencia que ciencia.
Hai quen fala mesmo dun comunismo científico, xa que publicar os traballos é renunciar a telos en exclusiva para un mesmo e pólos ao dispor de toda a comunidade científica e a sociedade. Iso non significa non recibir a remuneración correspondente ao traballo científico, que debe estar protexido por patentes, dereitos de autor ou a forma correspondente de propiedade intelectual. Así e todo, é moi corrente que as persoas que producen traballos científicos estean motivadas especialmente pola difusión destes, que lles produce recoñecemento social ou simplemente a satisfacción de compartir o producido.
É discutible se é eticamente aceptable que unha empresa ou un estado poidan manter secreta unha actividade científica por razóns económicas ou militares, ou ata que punto poden facelo.
Comparación internacional miniatura|Cantidade de artigos científicos publicados por país entre 2008 e 2012 miniatura|Número de artigos científicos per cápita, entre 2008 e 2012. Irlanda e Suíza teñen os mellores resultados neste indicador Os Estados Unidos e a China son os países que teñen maior produción científica. O número de publicacións científicas presenta gran variabilidade dun país a outro. O principal factor é o número de científicos de cada país; así, os Estados Unidos o China encabezan as listaxes mundiais de poboación, xa que teñen as maiores poboacións de científicos traballando en universidades e centros de investigación. Unha comparación máis razoable do desempeño dun país é o número de publicacións per cápita, é dicir, o volume de produción científica cualificada en relación á súa poboación.
Cando se compara o número de publicacións per cápita de cada país obsérvase que o principal factor que explica estas diferenzas é a renda per cápita, que pode explicar ata un 56 % da varianza observada. Xa que logo, o número de artigos publicados por país pode aproximarse á relación:
Onde: é a poboación total. é o PIB per cápita. é unha medida do desempeño científico do país.
"Publica ou morre!" A expresión "Publica ou morre!" é un tópico, pero expresa claramente a necesidade que ten un científico de ver recoñecida a súa tarefa para continuar con ela, o que ás veces produce consecuencias indesexadas, tanto na calidade das publicacións como na das mesmas investigacións.
O número de artigos científicos publicados é unha medida da repercusión da actividade dun científico ou grupo investigador e, por tanto, da súa importancia. Hai mecanismos que refinan esa medida, como a análise de citas (que amosa a cantidade de veces que outros científicos citaron unha determinada publicación), e mesmo mecanismos que refinan ese parámetro (como o índice de citación ou o Índice h).
De todas as maneiras, o mecanismo publicación-cita é unha poderosa ferramenta para que un grupo de científicos, autocitándose e acollendo nas súas revistas as publicacións dos seus afíns, se promovan conxuntamente. O mesmo ocorre na política académica e das universidades.
A diferenza entre a avaliación da cantidade, da calidade e da repercusión das publicacións en cada disciplina científica, e entre ciencias e humanidades, deu orixe a consideracións de orde diversa sobre a conveniencia ou non de sometelas aos mesmos principios de avaliación, sobre todo polas súas consecuencias na investigación e na docencia, a vida intelectual e universitaria.Cortina A. ¿La calidad de las humanidades? El País. 24/11/2008.
Revistas científicas As revistas Science e Nature disputan o posto de revista científica máis importante nas ciencias experimentais. Estas revistas son altamente selectivas co que publican e están reservadas ás descubertas máis senlleiras ou que poidan ter un impacto máis amplo en diversas áreas da ciencia.
Ademais de revistas xeneralistas como Science o Nature, existen algúns milleiros de revistas que se caracterizan pola súa alta especialización. Este tipo de revistas converteuse no referente para o traballo científico, debido a que só se publican artigos que fosen sometidos a controis externos e á revisión por pares (chamado en inglés peer preview). Estas revistas son clasificadas consonte o seu factor de impacto, que se calcula a partir do número de traballos publicados nesas revistas que son publicados por outras revistas. As ciencias sociais non dispoñen dun consenso xeneralizado que saliente un número tan reducido de revistas.
Historia das publicacións científicas Entre as primeiras publicacións científicas están o Journal des sçavans (París, 1665), e as Philosophical Transactions of the Royal Society (Inglaterra) e as Acta Eruditorum (Leipzig), ambas de finais do séculoo XVII. Nese momento, o acto de publicar investigación científica era controvertido e mesmo ridiculizado. Non era infrecuente que un novo descubrimento se anunciase como un anagrama, reservando a prioridade ao descubridor, pero indescifrable para calquera que non compartise o segredo. Malia publicar en ambas as revistas (a inglesa e a alemá), tanto Isaac Newton como Leibniz usaban ese sistema e dubidaban da prioridade das súas respectivas descubertas, o que os levou a unha feroz disputa (no caso do cálculo diferencial e infinitesimal). Loxicamente, o método non era eficaz.
O sociólogo Robert K. Merton atopou que o 92 % dos casos de descubrimento simultáneo do século XVII terminou en disputa. O número de disputas descendeu a un 72 % no século XVIII, 59 % na segunda metade do XIX e 33 % na primeira metade do XX. O descenso nas reclamacións de prioridade nos descubrimentos débese atribuír á crecente aceptación da publicación das investigacións nas modernas revistas científicas.
Institucións como a Royal Society ou a Academie Francaise des Sciences adiantáronse na súa consideración de que a ciencia só pode avanzar mediante un intercambio de ideas aberto e transparente, apoiado por probas experimentais.
"As sesións de academia, a correspondencia epistolar entre investigadores ou a edición restrinxida de monografías e libros en edicións locais e idiomas nativos non eran métodos áxiles nin eficaces para difundir e validar os novos coñecementos (por exemplo, os traballos de Mendel tardaron 30 anos en seren redescubertos). A solución máis plausible consistiu na publicación de artigos curtos adaptados a un formato estándar en revistas de circulación mundial, escritas nunha linguaxe aceptable pola comunidade científica: o inglés.Argüelles JC. ¿Qué es la producción científica?. El País. 06/02/2008.
Na actualidade, as novas tecnoloxías revolucionaron o crecemento e o acceso ás publicacións científicas. Nos anos 80 do século XX empezaron a aparecer as publicacións de acceso aberto nas que calquera usuario, científico ou non, podía acceder ás bases de datos de publicacións de certas revistas.
Características das publicacións científicas Características xerais Claridade: conséguese a través de oracións e expresións non ambiguas, ordenadas e sen sobreentendidos. A orde é predicible e as informacións ordénanse secuencialmente en cada nivel. Precisión: os textos científicos tenden a evitar terminoloxía ambigua e a subxectividade, e no seu lugar empregar termos unívocos (cun só significado). Ás veces precisar un contido implica matizar ou citar casos, o cal pode ser difícil de contrapor co propósito de claridade. Verificabilidade: os textos científicos tenden a basearse en fontes verificables, polo que é común que o texto cite as fontes de numerosas afirmacións. Moitas afirmacións acompáñanse de gráficos, estatísticas e táboas que amosan cuantitativamente o afirmado. Universalidade: posibilidade de que os feitos tratados poidan ser comprendidos en calquera parte do mundo por calquera membro do grupo ao que vaian dirixidos. Para iso recórrese a unha terminoloxía específica que se pode traducir con moita facilidade dunha lingua a outra. Estes termos científicos, tamén chamados tecnicismos, adoitan ser unívocos, xa que designan unha única e precisa realidade. Obxectividade: dáselle prioridade aos feitos e aos datos sobre as opinións e as valoracións subxectivas do autor. Cando se introducen hipóteses, é frecuente citar as diferentes posibilidades de explicar un feito (hipóteses alternativas).
Características lingüísticas As características lingüísticas destes textos débense aos seguintes factores: A necesidade de usar a lingua culta e/ou especializada. O uso das formas expresivas propias da materia tratada. O respecto ás calidades propias do estilo científico. A consideración da capacidade do receptor. Léxico Posición dunha terminoloxía propia, constituída por tecnicismos e cultismos denotativos, monosémicos, unívocos e descritivos. Repetición de palabras. Emprego dun código heteroxéneo ou unha metalinguaxe. Morfosintaxe Predominio de substantivos. Abundante complementación. Substantivos precedidos de determinantes. Uso do artigo con valor xeneralizador. Escaseza de adxectivos cualificativos con predominio dos especificativos. Nominalización. Uso do indicativo con predominio do presente (atemporal). Emprego de aposicións. Emprego de oracións enunciativas. Emprego de oracións atributivas e pasivas. Predominio da xustaposición e a coordinación fronte á subordinación. Subordinadas adxectivas (especificativas>explicativas). Oracións temporais e condicionais.
Publicacións científicas paródicas, fraudulentas ou extravagantes