Harley Edward Streten, máis coñecido polo seu nome artístico Flume, é un músico e produtor australiano. O seu primeiro álbum de estudio, Flume, foi estreado o 9 de novembro de 2012 con aclamación da crítica, e acadando o número 1 en ARIA Albums Chart coa acreditación de dobre disco de platino en Australia.

Flume ten mesturado cancións para artistas como Lorde, Sam Smith, Arcade Fire e Disclosure. O seu segundo álbum de estudio, Skin, foi lanzado o 27 de maio de 2016, con críticas positivas e copando de novo ARIA Albums Chart.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:DJs Categoría:Músicos de Australia Categoría:Nados en Sidney Categoría:Nados en 1991