Bieito VI, nado en Roma en data descoñecida e morto na mesma cidade en xuño de 974, foi o 134º papa da Igrexa católica dende o 19 de xaneiro de 973 até o seu pasamento. Traxectoria Fillo dun home chamado Hildebrant, Bieito VI foi escollido papa cando era cardeal diácono de San Teodoro grazas á axuda de Odón I. Pero atopouse co rexeitamento de Crescencio I, irmán do papa anterior, que prefería sentar na cadeira de San Pedro ao diácono Francone.

Aproveitando a morte de Odón o 7 de maio de 973, Crescencio encabezou un motín no cal retivo a Bieito VI e nomeou pontífice ao seu protexido Francone, que tomou o nome de Bieito VII.

Pouco despois, en xuño de 974, o novo papa fixo esganar a Bieito VI para evitar a súa liberación por parte de Sicco de Spoleto, o representante do emperador.

Categoría:Papas Categoría:Finados en 974 Categoría:Nados no século X Categoría:Nados en Roma