Julio Torrado Quintela, nado en Vilagarcía de Arousa en 1982, é un psicólogo e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria É licenciado e doutor en psicoloxía social pola Universidade de Santiago de Compostela, área na que se vinculou academicamente como docente e investigador, e na que segue a colaborar de maneira externa. Foi tamén docente na Universidade Lusófona do Porto (2010 -2012), na Universidade Pontificia de Ecuador (2014 - 2016).

Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 e nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi elixido deputado polo PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra.

Nas eleccións de 2024 foi na candidatura pola provincia de Pontevedra do PSdeG, pero os resultados obtidos pola formación non lle permitiron revalidar o escano. Continuou vinculado á actividade política sendo nomeado voceiro da Comisión Executiva Galega do PSdeG dende o ano 2025, e retomou parcialmente a súa actividade académica, sendo docente na UNIR (Universidad Internacional de La Rioja) e ata xaneiro de 2026 na Universidade de Santiago de Compostela. En abril de 2026, cando dimitiu a deputada Elena Espinosa, el pasou a ocupar de novo o escano.

Obra

Tiro libre. Historias de deporte para falar de política (2025). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-1176-511-4. Prólogo de Xoaquín Fernández Leiceaga.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1982 Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes