Ole Gunnar Solskjær, nado o 26 de febreiro de 1973 en Kristiansund, é un ex-futbolista e adestrador noruegués, que xogou como dianteiro no Manchester United e na selección de Noruega, coa que marcou vinte e tres goles nas súas sesenta e sete participacións entre 1995 e 2007.

Traxectoria Converteuse en xogador profesional no seu país, no Clausenengen FK, primeiro como centrocampista e logo xa como dianteiro. En 1994 fichou polo Molde FK no que xogou dúas tempadas, marcando 31 goles en 42 partidos. E logo pasou ao Manchester United, onde foi o protagonista da vitoria do Manchester contra o FC Bayern München na final da Liga de Campións da UEFA de 1999. Outro dos seus encontros máis salientables foi contra o Nottingham Forest na tempada 1998-1999 ao marcar catro goles en doce minutos.

O 28 de agosto de 2007 anunciou a súa retirada da competición pero permaneceu no club como preparador de ataque. Posteriormente Ole Gunnar Solkjær foi adestrador do Molde FK, entre 2010 e 2014, logo de adestrar aos reservas do Manchester United de 2008 a 2010. O 31 de outubro de 2011 o Molde FK converteuse en campión de Noruega por primeira vez na súa historia, despois de acadar sete veces o segundo lugar. Repetiu o ano seguinte ao lograr un novo campionato para o Molde malia a forte oposición do Rosenborg BK.

En xaneiro de 2014, converteuse en adestrador do equipo galés do Cardiff City F.C. da Premier League, substituíndo a Malky Mackay(en) « City Announce Solskjær as manager » , Cardiffcityfc.co.uk,‎ 2 de xaneiro de 2014.. No mercado de inverno fíxose con varios xogadores noruegueses que estiveran baixo as súas ordes no Molde FK: Magnus Eikrem(en) « CITY SIGN MAGNUS WOLFF EIKREM » , Cardiffcityfc.co.uk,‎ 8 de xaneiro de 2014., Mats Møller Dæhli(en) « Solskjaer swoops for second Norwegian Daehli » , Premierleague.com,‎ 11 de xaneiro de 2014. e Jo Inge Berget(en) « Berget completes Cardiff City move » , Premierleague.com,‎ 24 de xaneiro de 2014.. Despois de nove meses renunciou o 18 de setembro de 2014, sinalando unha "diferenza de filosofía sobre o xeito de dirixir o club" co presidente do equipo« Solskjær démissionne de Cardiff City » , sur SoFoot.com.

O 21 de outubro de 2015 converteuse outra volta no adestrador do Molde FK, firmando por tres anos e medio« Ole-Gunnar Solskjaer fait son retour sur le banc de Molde », sur lequipe.fr,‎ 21 de outubro de 2015..

Notas

Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados no condado de Møre og Romsdal Categoría:Futbolistas de Noruega Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Molde FK Categoría:Xogadores do Manchester United FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Adestradores de fútbol de Noruega Categoría:Adestradores do Manchester United FC