Aram Khalili, nado en Bukan o 28 de xullo de 1989, é un futbolista iranio-noruegués que xoga como dianteiro do Bryne FK.
Traxectoria Naceu nunha localidade kurda de Irán, mais a súa familia estableceuse na localidade norueguesa de Kristiansand en 1997. Khalili xogou nos equipos xuvenís do Start en 1999 e debutou co IK Start na Tippeligaen en 2006, pero non empezou a xogar regularmetne co primeiro equipo ata 2008. En xaneiro de 2011 firmou co Bodø/Glimt.
Carreira internacional A Khalili convocárono coa selección de Noruega sub-21 pero nunca xogou coa categoría absoluta, como cidadán iranio a selección de Irán poderíao convocar.
Notas
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Futbolistas de Irán Categoría:Futbolistas de Noruega Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega sub-21 Categoría:Nados no Acerbaixán Occidental Categoría:Xogadores do Bryne FK Categoría:Xogadores do FK Bodø/Glimt Categoría:Xogadores do IK Start Categoría:Xogadores do GAIS