Ole Kristian Selnæs, nado en Trondheim o 7 de xullo de 1994, é un futbolista que xoga como centrocampista para o AS Saint-Étienne.
Traxectoria
É fillo do ex-porteiro do Rosenborg Ivar Selnæs,– Drømmen er A-kontrakt fvn.no aínda que naceu en TrondheimOle Selnæs profilen rbk.no pasou a súa mocidade en Lillestrøm, onde o seu pai adestraba ao Skjetten,Selnæs mister to kamper rbkweb.no e Ole xogou nos equipos xuvenís dese club e tras volver a súa famlia a Trondheim xogou co Sverresborg IF.
Rosenborg BK Selnæs fichou polo Rosenborg en 2009. En 2011 foi un dos piares do equipo sub-19 do Rosenborg, que gañou o campionatoStegavik avgjorde for Rosenborg fotball.noAbout Rosenborg nextgenseries.com. Firmou o seu primeiro contrato profesional o 25 de marzo de 2012A-lagskontrakt for Selnæs rbk.no e comezou a tempada como substituto da parella de centrocampistas Mohamed-Awal Issah e Markus HenriksenSelnæs blir forfremmet rbkweb.no, mais axiña tomou o lugar de Henriksen no once inicialAltomfotball profilen altomfotball.no. O seu debut profesional tivo lugar contra o Lillestrøm, o 1 de abril de 2012 ao substituír a Issah17-åring hjemmedebuterer for Rosenborg tv2.no. Na semana seguinte xa foi titular contra o SogndalBør Selnæs starte mot FFK? aftenposten.no. Despois de catro encontros, o sitio webscan-scout.com elixiuno o maior talento de EscandinaviaOle Kristian Sagbakken «Nå rankes han som Nordens største talent» , adressa.no, Adresseavisen, 24 de abril de 2012
Selnæs foi titular regular durante a primeira metade da tempada 2012, pero perdeu o seu lugar por mor dunha lesión. Á súa volta o Rosenborg xa adquirira a Tarik Elyounoussi, Cristian Gamboa e Jaime Alas, xa que logo o seu tempo de xogo quedou reducido. Gañou o seu primeiro trofeo na tempada 2015, ao lograr co seu equipo os títulos de campión de Noruegae da copa de Noruega, e ademais elixírono mellor xogador da liga«Saint-Etienne recrute Ole Selnaes de Rosenborg» , FranceTVSport.fr, 28 de xaneiro de 2016.
AS Saint-Étienne Pasou á liga francesa o 1 de febreiro de 2016 ao firmar co AS Saint-ÉtienneBernard Lions, «Le Norvégien Ole Selnaes à Saint-Etienne»,L'Équipe.fr, 28 de xaneiro de 2016«Ole Selnaes, quatrième recrue des Verts», ASSE.fr, 1 de febreiro de 2016. Xoga con outro noruegués, excompañeiro de equipo do Rosenborg, Alexander Søderlund que chegou unhas semanas antes«Alexander Söderlund (Rosenborg) a signé à l'ASSE (officiel)», L'Équipe.fr,4 de xaneiro de 2016.
A súa estrea co novo club foi o 10 de febreiro na Copa de Francia contra o Troyes AC, xa participando como titular«ESTAC 1–2 ASSE : la passe de Troyes !», L'Équipe.fr, 10 de febreiro de 2016.
Carreira internacional Selnæs representou ao seu país nas seleccións xuvenís, desde a sub-16«Ole Kristian Selnæs' profil», fotball.no. Entrou na selección absoluta no verán de 2015 e debutou o 24 de marzo de 2016 nun encontro contra Estonia Notas
Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega Categoría:Xogadores do AS Saint-Étienne Categoría:Xogadores do Rosenborg BK Categoría:Nados en Trondheim Categoría:Nados en 1994